Estamos na recta final de curso e por iso recollo esta entrada reflexións sobre o tema complejo e controvertido da repetición
Alberto del Mazo orientador:
A non promoción non pode converter nun castigo para o alumnado que non se esforza ou polo seu mal comportamento.
A decisión de non promoción debe estar suficientemente motivada, consensuada para que as familias e alumnos, alumnas entendan que é a mellor opción posible.
Non todo pasa por repetir como solución máxica. De feito, moitos alumnos, alumnas terminan facendo "iso mesmo" cando repiten: volven ver os mesmos contidos educativos sen avanzar porque non se ten en conta o seu punto de partida.
os contidos, por moitas veces que se repitan, poden seguir sendo inaccesibles sen apoio edecuado.
O importante é establecer un plan de apoio e traballo personalizado adaptado ás necesidades de cada alumno e valorar en profundidade si é máis factible levalo a cabo repetindo ou sen repetir.
Juan Antonio Planas, presidente da Asociación Aragonesa de psicopedagoxía sinala:
A repetición é "recomendable" nos casos que os alumnos, alumnas presentan un menor nivel de madurez que o resto de estudantes.
"Si a repetición é volver repetir os mesmos contidos, nas mesmas asignaturas e coa mesma metodoloxía, isto non sempre é efectivo".
No que todo o mundo parece coincidir é na necesidade de ser flexible e evitar desmotivar ao estudante.
Desde a revista digital de la Universidad de Padres Pedro Molino pedagogo, sinala:
Os mestres a favor comentan: repetir pode ser unha axuda para que os alumnos se fagan máis responsables dos seus propios estudos, pode axudarlle a alcanzar maior madurez e mellores destrezas para evitar o fracaso.
Os mestres en contra sinalan: adquiren un concepto de si mesmos máis baixo e menos favorable cara á escola; separánse dos seus amigos e do seu grupo natural de idade, os profesores proxectan no alumno repetidor as súas baixas expectativas condicionando os resultados finais; e, aínda no caso que os repetidores melloren os resultados o curso que repiten, estes adoitan baixar dous anos despois.
É mellor un Plan de Apoio personalizado que se desenvolva dentro do curso correpondiente a idade do alumno, sen necesidade de que repita.
Esta forma de actuar é a que centra a aprendizaxe no alumno, alumna previndo as dificultades reforzando a actuacións didácticas do profesorado con medios e medidas desde os primeiros cursos para evitar a repetición. Este é o valor engadido dos sistemas educativos centrados no alumno como o de Finlandia.
Está claro que repetir por repetir non é a solución, debemos reforzar o traballo de colaboración coa familia para elevar as expectativas con respecto aos seus fillos, esto vai favorecer os seus resultados escolares.
enlaces as entradas dos autores
orientapas.blogspot.
www.revista.universidaddepadres
www.periodicodelestudiante
No hay comentarios:
Publicar un comentario