miércoles, 24 de febrero de 2016

TEA: Aprendo no Recreo

O recreo é unha parte máis da xornada, onde existen as maiores oportunidades de socializar e desenvolver relacións significativas, pero onde tamén existen as maiores dificultades para as persoas con diversidade funcional, e en concreto con TEA, así como os maiores riscos para atoparse con situacións de abuso e discriminación.



obxectivos:
- Desenvolvemento das habilidades socio-comunicativas nos alumnos, alumnas con TEA.
- Imitación de modelos de interacción axustados que ofrecen os adultos por parte doutros alumnos do centro a hora de relacionarse co seu compañeiro con TEA.
- Desenvolvemento de apoios naturais por parte doutros iguais do centro escolar, a través dunha mellor comprensión das características do seu compañeiro con TEA, e o respecto e a aceptación das mesmas.

Indice:
- Xustificación
- Obxectivos desta guía
- Diferentes recreos, diferentes barreiras
- Alumnos, Alumnas con TEA
- Que pretendemos conseguir cunha intervención nas habilidades sociais no contexto educativo?
- Como podemos mellorar a adaptación do alumno, alumna con TEA no recreo?
- Ideas clave da guía
- Bibliografía 

Guía que edita a Asociación Autismo Sevilla.
Autora Natalia de Francisco Nielfa

Diálogo entre Neurociencia e Educación

Este é unha selección de ideas relacionadas coa educación, do texto que recolle a correspondencia epistolar entre Antonio Marina e Joaquín Fuster, publicado na revista Participación Educativa.

"Todas as funcións cognitivas e emocionais utilizan a memoria. hay tantas clases de memoria como sistemas de función nerviosa".
"As redes cognitivas de memoria personal con todos os seus matices emocionais, vanse organizando a si mesmas a medida que se adquiren, entrando a formar parte dunha xerarquía de redes corticais ampliamente distribuídas, interconectadas e solapadas entre si".

"Aínda que é verdade que a corteza prefrontal, no cume do ciclo para a conduta e a linguaxe novedosos, actúa como directora de orquesta, a acción pode ter o seu inicio e calquera parte do ciclo: no medio ambiente, no medio interno (e.g., instintos), na corteza posterior ou na corteza frontal.
polo tanto é incorrecto supoñer que todo ciclo comenza coa percepción". En realidade pode argüírse que o primeiro ciclo da vida comenza coa acción: o choro do recentemente nado.
"Hai que falar dun ciclo percepción- acción"


  Photo credit: Abel + 700k via Visualhunt / CC BY-NC-ND 

"Importante en educación é aprender a aprender para facer desenvolver as funcións innatas da  corteza prefrontal é facelas habituais".

"O pais, titores e mestres en xeral pechan no medio ambiente o ciclo do educando. O ciclo emocional, ou afectivo paralelo ao cognitivo é fundamental para o rendemento escolar" 

"Aumentar a capacidade de postergar o impulso a obter a gratificación inmediata é un signo de madurez emocional e cognitiva a calquera idade a calquera idade"

artigo da revista Paticipación Educativa
Joaquí Fuster uno de los grandes de entre los grandes de la comunidad científica que trabaja en neurociencia. www.joaquinfuster.com
Antonio Marina figura do panorama intelectual español. La descripción sintética de su vasto programa de investigación comienza recurriendo a sus propias palabras "comienza en la neurología y concluye en la ética"

miércoles, 17 de febrero de 2016

Mindfullnes guía práctica para profesionais da educación

Grupo de traballo de Mindfullness na Aula do CEP Cantabria.




                                           Photo credit: Antonio Marín Segovia on VisualHunt

Consta de 8 prácticas que inclúen os seguintes apartados: obxectivo, desenvolvemento, circunstancias e material adecuado. aplicacións ao día a día e conclusións
Índice:
sesión I parte I : O piloto automático
              práctica nº1:  O escaner corporal
sesión I parte II: O piloto automático
            práctica nº 2: A Uva pasa
sesión II: Traballar as barreiras
            Práctica nº3: Traballar as barreira
sesión III: Meditación do corpo e a respiración
            práctica nº4: Meditación do corpo e a respiración
sesión IV: Estar no presente
            práctica nº5: Estar no presente
sesión V: Aceptando as nosas dificultades
            práctica nº6: Aceptando as nosas dificultades
sesión VI: A meditación da amabilidade
            práctica nº7: A meditación da amabilidade, tamén chamada da compaisón.
sesión VII: Cando deixaches de bailar?
             práctica nº8: Cando deixaches de bailar?
sesión VIII: O río da vida
             práctica nº9: O río da vida.
















Estratexias control do comportamento na clase

Bill Rogers expone cinco estratexias para o manexo da clase:


1 Indicacións con pausa táctica, cando vaias a dar unha instrucción sigue a secuencia de tres pasos: consigue a atención, fai unha pausa e dá a indicación. para conseguir a atención chama ao alumno polo seu nome e si é para toda a clase da unha mensaxe do tipo " atención, escoitarme un momento" a continuación a pausa que é fundamental a explicación é que sen esa parada, aos alumnos, alumnas resúltalles máis difícil distinguir entre o que dis para conseguir a súa atención e o que lles indicas que teñen que facer. Por último a indicación que debe ser en positivo. (comunicar o que teñen que facer: escoitar e non o que teñen que deixar de facer: falar). As indicacións débense dar cun ton de voz firme pero amable.

2 Se queres chamar a atención dun alumno, alumna diríxete a el e pregúntalle que estar a facer?que tes que estar facendo? non empregues o por qué para estas situacións só consigues entrar nunhas explicacións que non conducen a nada.
3 Acordo parcial cando o estudante xustifican o seu comportamento cunha razón irrelevante, o mellor é facer un bloqueo asumindo a postura. " vale pode que xasí, pero eu necesito que fagas..."
4 Permiso condicional "Cuando acabes, entón podes ir .."
5 Elección forzada ten dúas maneira de facela a 1º e darlle ao alumno, alumna dúas alternativas "podes estar en silencio ou podes cambiar de sitio" a 2º é darlle unha alternativa axeitada e as consecuencias de non facela "podes darme iso ou tereri que escribir unha nota aos teus pais".
Para aplicar a acción disciplinaria que capacitar os alumnos a seren responsables súas propias opcións de comportamento. Construír ...
recompilado: educaciontdah.wordpress

lunes, 15 de febrero de 2016

Enseñanza multinivel: Aprendizaxe por Tarefas

O deseño de actividades multinivel constitúe outra forma de atender a diversidad no aula porque posibilita que cada alumno, alumna atope, respecto ao desenvolvemento dun contido, actividades acordes ao seu nivel de competencia curricular.
Obxectivo, a eficacia educativa:
Que todo o alumnado acceda aos contidos de aprendizaxe.
Que poida participar na aula.
Que poida ser avaliado xustamente no seu progreso das aprendizaxes.
que poida experimentar éxito na súa aprendizaxe como membro valorado grupo.



Enseñanza Multinivel (DPM) from Jose Blas Garcia Pérez

enlace relacionado: siesporelmaestronuncaaprendo