sábado, 29 de agosto de 2015

Marc Prensy: Debemos descubrir a pasión de cada estudante

O obxectivo da educación é convertir aos estudantes en boas persoas, competentes e flexibles capaces de mellorar o mundo no que viven.
Actualmente o plan de estudio céntrase no coñecemento pero debería estar baseado nas habilidades. Diferenciamos aos alumnos, alumnas en función  das súas capacidades e logros e deberíamos facelo en función dos seus intereses e pasións.
A tecnoloxía actúa nos cambio educativo con unha nova base.
Os alumnos, alumnas deben saber aprender por se mesmos, os mestes son guías, entrenadores, acompañantes.

Accede a entrevista completa clicando na imaxe.



Via: http://blog.tiching.com

Vídeo do Marc especialista en videoxogos e aprendizaxe  onde sinala:

Os profesores do século XXI preparan aos estudantes para un futuro incerto.
Os ordenadores e os videoxogos teñen algúns peligros pero tamén teñen moitos beneficios .
Traballan co : conflicto, posición, reto, competición
pero teñen regras o que significa:
disciplina, estrutura.
obxectivos  que nos dotan de motivación.
Ensinan a cooperar.
Agudizan o noso inxenio, creatividade.
Cando nos emocionan garantiza que no olvidemos o aprendido.
Os videoxogos ben diseñados poden ser moi bos para ensinar habilidades.

Para escoitalo :

Mamá no me molestes que estoy aprendiendo  






GUÍA PAIS E NAIS CON FILLAS ADOLESCENTES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XÉNERO

A violencia de xénero está presente en toda a sociedade, ten a súa raíz no machismo, na desigualdade que se perpetua na sociedade xeración tras xeración a través de moitas vías: cultura, moda, música, cine, literatura, publicidade, ... un problema incluido en todas as capas sociais, tamén nas máis novas.
Esta guía nace da experiencia de atención a mozos, mozas, nais e pais, dentro do programa de Atención Psicolóxica a mulleres menores de idade, vítimas de Violencia de Xénero en Andalucía. 
Esperando sirva a outras familias de ferramenta para afrontar a violencia de xénero que sofren as súas fillas, axudando a pais, nais na difícil tarefa de "rescatar" a súa filla desta dañina situación, así como server de guía a profesionais que poidan atoparse con esta problemática na súa vida 
profesional. 

Índice:
Introdución
Violencia de Xénero
Adolescencia
Detección
Posibles situacións
Reaccións de Nais e Pais
Como actuar se a vosa filla se decidiu a contarvos o que pasa
Primerios auxilios psicolóxicos
Estratexias para apoiar a recuperación
Vulnerabilidade. Recaídas.
A familia que se implica
Recursos
para Ampliar

Resultado de imagen para guia madres y padres de hijas adolescentes que sufren violencia de género





 Accede a guía na imaxe

www.juntadeandalucia.

miércoles, 26 de agosto de 2015

Ambiente de aprendizaxe seguro

Estratexias para crear un clima de aula que propicie a seguridade dos alumnos, alumnas e bienestar durante a aprendizaxe.

1- Incluir estratexias que permitan aos alumnos expresar as súas ideas, opinións na aula.
2- Publicar os traballos feitos polos estudiantes.
3- Ter normas claras e expostas en el aula.
4- Admitir cando un como mestre descoñece esa información, non sabe.
5- Ler cos alumnos, alumnas.
6- Manter a calma en  todo momento.
7- Practicar a Bondade.
8- Crear tempos e espazos para que falen cando xorde o conflito, facendo de mediador.
9- Supervisar para observar o traballo e posibles dificultades de relación, tensiones.




                                            Imagen de Free Photos en Pixabay 

10- Expresar sentimientos.
11- Sonreir a miúdo.
12- Manter as consecuencias.
13- Revisar os traballos escritos, escribir con eles, elas.
14- Incorporar arte e Música con frecuencia.
15- Incorporar a paciencia como estratexia.
16- Ofrecer opcións.
17- Dar a oportunidade que resolva o problema pola súa conta.
18- O optimismo é contaxioso. Teña vostede momentos de relax, cando estea moi estresado. 


Artigo de Rebecca Albes.
via  www.edutopia.org

martes, 25 de agosto de 2015

5 Principios básicos da aprendizaje que deben coñecer os docentes

Infografía con principios básicos da aprendizaxe como :

1- O que aprendemos chega ao noso cerebro a través dos sentidos.
2- Se os alumnos, alumnas non aplican o aprendido esquecerano.
3- Presentar aos alumnos, alumnas a información en partes para que a poidan procesar.
4- A conexión dos contidos coa vida real aumenta a motivación e a comprensión das novas aprendizaxes.
5- É moi importante presentar a información de maneira lóxica e clara ao principio de cada unidade didáctica.

via: www.theflippedclassroom.es

sábado, 22 de agosto de 2015

Cultivando a Creatividade

As nosas Capacidades Creativas axúdannos a adaptarse nestes tempos tan cambiantes e complexos.
Os investigadores cren que a creatividade contribúe ao benestar e a felicidade. Tamén que hai unha conexión significativa entre creatividade, sentido e motivación intrínseca.
Moitas persoas pensan que a creatividade está relacionada cos dotados e talentosos. Os investigadores cren que a creatividade non involucra só a unha rexión do cerebro ou a un só lado do cerebro.
Pero a creatividade non se limita aos que teñen altas capacidades. Todo o mundo ten a capacidade creativa que evoca a orixinalidade.
Para fomentar a creatividade nas aulas os mestres teñen que saber de que maneira se orixina a creatividade. O máis importante é coñecer os procesos de pensamento e actitudes mentais asociados a creatividade.



Estas 6 maneiras de impulsar a creatividade céntranse nos procesos e actitudes son:
1. Experimentar co pensamento da posibilidade. Que pasa se ?
2. Proporcionar oportunidades para explorar os intereses individuais.
3. Desenvolver cinco actitudes asociadas á creatividade :
    - Autodisciplina
    - Aberto a experiencia
    - Toma riscos
    - Tolerancia á ambigüedade
    - Confianza no grupo
4. Involucrar aos alumnos na aprendizaxe colaborativa.
5. Practicar o pensamento diverxente.
6. Axudar aos alumnos a facer conexións. Pensamento metafórico.
A maioría dos investigadores están dacordo que se defina a creatividade por máis que a suma das súas  partes que inclúen pero non a limitan : Autonomía, Orixinalidade, Auto-expresión, Asunción de riscos, Orixinalidade, Intelixencia, Colaboración e Imaxinación.


http://www.edutopia.org

miércoles, 19 de agosto de 2015

Frases que non deberían escoitar os nenos, nenas, adolescentes dos seus educadores

As palabras impactan, condicionan e xeneran sentimentos como a ira. Moitas destas expresións non se sinten, son froito dun arranque emocional do momento. Trátase de tomar conciencia destas expresións.
Existen formas de comunicación alternativas que fomentan o diálogo, sinceridade e complicidade entre nenos, adolescentes e adultos.

Evitar frases como:
1. Un día destes collo a porta e aí quedades. 

Os nenos, nenas creenllo todo. Isto pode xerarlle medos, sentimentos de culpa, baixa autoestima.

2. Non podo convosco. 
Tiradesme do xenio. Non lle digas que perdiches forza e que eles gañaron porque é o que lles transmites cando falas así. Pon límites e senón as cumpren, as consecuencias a esa conduta.
                                              
 3. Se me quixeses...    
Pídelle aos teus fillos, fillas o queres que fagan, pero non empregues o amor para facer chantaxe.



4. Non podo confiar en ti.  
Se che mentiu, te fallou en algo, dílle en que e cómo te sentiches. Pero non xeneralices coma se nunca fora a ser capaz de dicirche a verdade.

5. Todo o fas mal
Non sabes facer nada do que che pido, está idea limita a creatividade, o esforzo e a confianza.

6. Deberías comportarte como ... 
Cada un é como é. Se queres que teu alumno, fillo, se comporte dunha maneira determinada dillo.

7. Ti  es parvo
O teu fillo pode cometer erros, non esforzarse, non cumprir as túas expectativas, pero se pensa que é tonto acostumarase a dar por vencido ante as dificultades.

Artigo de Patricia Ramírez  

sábado, 15 de agosto de 2015

Alternativas como pais, nais fronte as conflictos cos fillos, fillas adolescentes

A convivencia non sempre é fácil en familia, xurden conflitos no día a día que poden ser por motivos moi variados.
Nesta entrada fan unha reflexión sobre doce motivos que implican directamente aos pais e nais ofrecendo alternativas para que o ambiente familiar sexa máis positivo e constructivo para todos e todas.


Fai click na imaxe para acceder artigo.

  1. Se os pais, nais están máis tempo fora da casa por traballo, valorar que disposición temos para eles, cando estamos na casa.
  2. Os pais deben conterse e non discutir diante dos fillos, para favorecer a maduración  persoal deles.
  3. Se na familia hai moito individualismo, cada quen vai ao seu, temos que favorecer conversas cercanas e sinceiras con eles e elas.
  4. Se a comunicación é mala ou moi baixa, unha alternativa e que falen menos os pais e escoiten máis.
  5. Os pais, nais teñen que ser coherentes co que se di, para sever de modelo.
  6. Ter iniciativa, inquietudes e bó humor son importantes  para unha boa autoestima familiar.
  7. Non crer que sempre se ten a razón por sei pai, nai. Mellor facer críticas constructivas, evitar as comparacións entre irmáns, tamén saber pedir perdón.
  8. Aceptar como son os fillos, fillas. Ensiñarlles a aceptar as frustracións. Reafirmemos a o outro no que vale e sentirase como unha persoa valiosa.
  9. Ter paciencia con eles, elas no momento da adolescencia. 
  10. Estimular a súa autonomía persoal, ofrecéndolle oportunidades.
  11. Ter un proxecto persoal para crecer e axudar a eles a discenir e potenciar os deles. 
  12. A alternancia de pai e nai na educación dos fillos, fillas é moi enriquecedora, complementaria e positiva para todos, todas.

Elaborada por Patricia Palacios. Asesor Aquilino Polaino.
Via: hacerfamilia.com