O castigo para que sexa efectivo ten que situar ao neno o máis próximo posible ao feito en cuestión, ser unha consecuencia coherente en relación coa conduta, nin demasiado esaxerada, nin demasiado leve e por un período de tempo curto.
O Obxectivo da educación é consolidar as condutas positivas nos nenos, nenas e suprimir as condutas negativas e iso conséguese moito mellor mediante o reforzo (consecuencia positiva) e a extinción, que mediante o castigo.
En lugar de castigos reforza de forma positiva as condutas desexadas.
- Cando teña un mal comportamento explícalle que é o que fixo mal e cales son as consecuencias dos seus actos.
- Axúdalle a desenvolver a responsabilidade dos seus actos. Para iso dialoga con el e trata de acordar ou pactar a consecuencia.
- Nunca ameaces, humilles ou danes ao neno/a.
O mellor reforzo non son premios materiais, consiste na atención dos pais para con os fillos.Trátase de reforzar cando está mostrando as condutas que queremos que faga, achegándonos, verbalizando que o está facendo ben.
E retirarse a atención (extinción) cando adopta condutas inadecuadas e chamadas de atención ( berrros, choros, rabechas) que queremos que desaparezan.
foto visualhunt.com
A principal fonte de aprendizaxe dun neno é o modelado. Os nenos copian o que ven nos seus adultos de referencia, que principalmente son os seus pais e os seus irmáns maiores.
Axúdalle a desenvolver a responsabilidade dos seus actos. Para iso dialoga con el e trata de acordar ou pactar a consecuencia.
Instaurar unhas normas na familia facilitará moito a educación dos fillos, pero ditas normas han de cumprilas todos os membros.
Cando teña un mal comportamento explícalle que é o que fixo mal e cales son as consecuencias dos seus actos.
enlace ao artigo hacerfamilia.com
enlace relacionado disciplina positiva : www.abc.es/familia
No hay comentarios:
Publicar un comentario