Cando se fala de Benestar faise referencia a un concepto amplo que ten que ver non só coa experiencia subxectiva de se sentir ben, en harmonía e con tranquilidade, senón tamén coa experiencia persoal de satisfacción por ser quen de afrontar dificultades e superar de xeito positivo ou adaptativo as contrariedades que se presentan na vida cotiá.
Iste plan ten como obxectivo dotar á comunidade educativa de estratexias e recursos que contribúan ao coidado do equilibrio e do benestar emocional dentro dunha contorna participativa, de comunicación e apoio.
Esta guía describe situacións comúns e cotiás nos centros educativos no ámbito da convivencia nas que aparezan diversas situacións de malestar, para as que se ofrecen estratexias de fortalecemento, aprendizaxe e resolución.
As propostas podense desenvolver a nivel grupal ou individual.
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades: guia_desenvolvemento_plan_benestar_.pdf
No hay comentarios:
Publicar un comentario