domingo, 12 de abril de 2015

REFORZOS POSITIVOS NO TDAH

O trastono de Déficit de atención con/ou Hiperactividade é un trastorno conductual, períodos de atención breve, distracción de moderada a grave, inquietude motora, inestabilidade emocional e condutas impulsivas : non esperan turno, interrumpen ao falar...

Na dinámica da aula é habitual dalle toques de atención para que sigan as pautas de traballo ou para que axusten a súa conduta.
Estas recriminacións ou chamadas de atención ao longo da xornada escolar acaban sendo bastantes cando non moitas.

Polo que o alumno, alumna con Tdah recibe menos reforzos positivos dos que precisa debido as súas dificultades e o esforzo para conseguires facer as tarefas escolares.


Podemos  usar estratexias para que esto non suceda:


  1. Facer chamadas de atención a nivel individual, de maneira reservada para que non se faga tan notorio na aula, actuando desta maneira ofrecemos seguridade e apoio ao alumno.  
  2. Ten en conta a proporción de reforzos positivos/negativos. 
  3. Consensuar entre mestre titor e especialistas cales son as recriminacións, chamadas de atención a traballar durante un período de tempo para modelar esa conduta, e cales ignorar para evitar excesivos reforzos negativos.
  4. Ter xuntanzas para valorar en que horario se producen máis complicacións para o alumno, alumna para estar a facer a tarefa escolar, posiblemente a última hora da mañá estará máis canso e máis inquedo. Ter alternativas para eses momentos, que poida sair da clase a facer un pequeno encargo, poida facer outra actividade distinta que o motive máis.
  5. Diseñar na aula un recanto de tranquilidade para todos os alumnos e alumnas onde se poida ir un rato para favorecer o autocontrol e regulación da propia conduta (escribir o que se vai facer, debuxar o que sucedeu, ...)
  6. Buscar motivos para reforzar positivamente.
  7. Escoitar comunicación bidireccional para achegarnos el, ela e coñecer os seus intereses.
  8. Evitar enfrontamentos e ameazas, no xulgamos ao neno, nena senón o seu comportamento.
  9. Buscar acordos para o cumprimento das tarefas, isto fai que se sínta máis partícipe nas demadas que lle facemos.


                                              
Imagen de Pexels en Pixabay

 O alumno, alumna precisa reforzar continuamente os esforzos que realiza para superar as súas dificultades.
Así favoreceremos o desenvolvemento do autoconcepto, pois ve que se lle valora o seu esforzo. Sentirase mellor consigo mesmo. Aumenta a confianza en se mesmo o que repercute na motivación para enfrontarse ao traballo.
Todo isto consegue elevar a autoestima.

 Enlaces : Mundo Primaria, 
              aprendiendodeltdah,
              tdahmalaga

viernes, 10 de abril de 2015

O EFECTO PIGMALIÓN NA AULA

O efecto Pigmalión na aula, dende a perpectiva da teoría da profecía autorrealizada pode explicarse que os mestres, mestras formulan expectativas acerca do comportamento na clase dos alumnos, alumnas e van ser tratados de maneira distinta dacordo con ditas expectativas.
Profecía Autocumplida: Cando a un alumno, alumna, se etiqueta o comportamento está condicionado  por esa etiqueta ( movido, falador, despistado, traballador, creativo)
Pode ser utilizado como unha estratexia con efectos positivos no alumnado :1- Aumenta a motivación do alumno, alumna. ao ver as expectativas que ten o mestre, mestra.2- Mellora o rendemento ao facer maior esforzo para cumprir a esixencia.3- Prodúcese unha retroalimentación ao ter bo rendemento e aprobación do esforzo por parte do mestre, mestra.4- Mellora a autoconfianza, ao ver co mestre confía nel, nela.5- Favorece a Integración de todos, os que teñen dificultades de aprendizaxe, soen ser inseguros así reforzamos a súa valía persoal. 5- Desenvolve o sentimiento de responsabilidade.6- Permite unha definición de obxectivos clara, o alumno, alumna sabe o que se espera del, dela.7- Pode xenerar un apoio, valoración do esforzo por parte dos compañeiros, compañeiras.


Con respecto aos profesores dos alumnos que teñen expectativas positivas Espiridión Toro, fálanos de varios factores, dos que sinalo: 
1. Os profesores, profesoras crean un clima máis cálido tanto nos canles verbais, como na comunicación non verbal cos alumnos dos que esperan máis.2. Oportunidade de resposta, aos alumnos dos que se espera máis, dánselle máis oportunidades de responder.3. Feedback canto más se espera dun neno, nena máis se lle reforza.

Robert Pianta sinala pautas para evitar el efecto Pigmalión na aula:

1. Observar al alumno, alumna para coñecer mellor as súas capacidades.
2. Escoitar cales son os seus intereses, que lle motiva.
3. Participa fala co alumno, alumna acerca dos seus intereses.
4. Modifica as túas reaccións as distintas formas de comportarse do alumnado.
5. Dedica tempo aos estudiantes fora do teu rol de profesor, profesora, con actividades que non teñan claro fin académico.
6. Fai un reparto de traballo en grupo, proxectos de traballo e traballo individual para achegarse a eles cos seus intereses, proxectos que lle gustaría facer.
7. Empatía, recorda os teus mellores e peores profesores, profesoras. ¿como te sentías como alumno, alumna?.




Podemos engadir outras 3:

  1. Conversar e compartir intereses, experiencias con eles.
  2. Interpretar as súas emocións mostrando comprensión e apoio.
  3. Mostrar respecto e consideración.

Especialmente interesante para alumnos e alumnas con necesidades específicas de apoio, con problemas de integración, con serias dificultades de aprendizaje e tamén para reequilibrio de autoconceptos individuais ou grupais.

7 maneras de evitar el efecto Pigmalión
el profesor pigmalion entra en clase. Carlos Arroyo.Efecto Pigmalión en el cine. Crea y aprende con Laura

martes, 7 de abril de 2015

ASAMBLEA DE CLASE

A Asamblea é o espazo tanto para plantexar e buscar solución a problemas da clase como para planificar proxectos de aula.
Con esta estratexia aprendemos a aceptar, escoitar outras propostas distintas das nosas, respectar en resumo a convivir de maneira democrática.


este vídeo explica o seu funcionamento

Na asamblea favorécese:
  1. A colaboración mutua
  2. O respecto as opinións dos demais. 
  3. Escoita activa, participación de todos e todas.
  4. Reforzase a identidade da cada un.
  5. Danse oportunidades para elexir.
  6. Desenvólvese a autonomía. 
  7. Desenvolvemento da seguridade nun mesmo con asignación de  pequenas responsabilidades.
  8. Permite actividades inclusivas onde todos aportan.
  9. Apoiarse nos puntos fortes de cada un deles, para as propostas do grupo.

viernes, 3 de abril de 2015

ACTIVIDADE FÍSICA a través do CURRICULUM


Baseado na metodoloxía Actividade Física a través do Currículum, o proxecto DAME 10, persigue reducir las condutas sedentarias á vez que traballa contidos curriculares de cada área de coñecemento.
As actividades propostas duran entre 5 e 10 minutos. A actividade física asociase cun mellor rendemento académico, mellor autoestima e disminución do risco de ansiedade e depresión.
O programa consta de 
24 actividades para 1º e 2º Educación primaria
24 activdades para 3º e 4º  Educación primaria
24 actividades para 5º e 6º  Educación Primaria
15 actividades para segundo ciclo de Educación Infantil
Aparecen dous tipos de actividades as Mini-Relax e as Mini-Reto.
O mestre e mestra coas actividades Mini-Relax  pode para baixar o nivel de activación dos alumnos e alumnas. 
Coas actividades Mini-Reto subirá o nivel de activación.





Clikea na imaxe

Descanso activos mediante ejercicio físico   accede a este enlace se queres escoitar o documento.

Recurso web QUE NO TE LA DEN

Recurso  Web  con consellos para entender e coñecer como se produce o Grooming e que facer no acoso sexual a través da rede.
Os apartados que trata son :
¿Que é o Grooming ou acoso sexual ? 
¿Quen leva a cabo o Grooming?
¿Cómo actúan os acosadores?
¿Quen pode sufrir Grooming?
Decálogo con consellos.

 Centro de Seguridad en Internet para menores:  Web  Protégeles esta organización responsable pone a tu disposición un servizo de Psicólogos e avogados que te prestarán axuda e asesorarante respecto aos pasos que debes seguir dunha maneira profesionalizada e gratuita. Ademais vídeos, guías folletos e recursos web  están tamén para o teu servizo.



                                                          Resultado de imaxes para que no te la den


Que no te la den

Recursos web da páxina protegeles.com

recompliado do blog da compañeira  Silvina Paricio

Como abordar as noticias sobre accidentes con múltiples vítimas

Os accidentes con múltiples vítimas saen nas noticias e son moi comentados polo que é doado que o neno ou nena escoite falar sobre o tema.
O primeiro é saber se temos que falar do tema con eles, para esto podemos preguntarlles se viron ou escoitaron alguna noticia do accidente.
Para os nenos e nenas entre 6 e 8 anos a pregunta sería se saben o acontecido no accidente.

Farémoslle preguntas para analizar o que escoito ou viu do accidente neno ou nena e como o está a interpretar. 
A mellor forma de responder:
- Responder sempre ao que nos preguntan pero sen ampliar mais co necesario a información. Ser honestos nas nosas respostas.
- Tranquilizándoos sempre, facéndolles ver que non son frecuentes os accidentes destas características.
- Falarlle dos mecanismos de axuda sociais que temos : bombeiros, policía, médicos.
- Na busca dos responsable ou culpables do accidente , temos que coidar a resposta. Pois é unha situación inquietante pensar en condutores irresponsables. É mellor falar que neste tipo de accidentes adoitan coincidir varios circunstancias xuntas por iso non son tan frecuentes.






recompilado do blog FAROS
Artigo realizado por la Unidad de Trauma, Crisis y Conflictos de Barcelona ( UTCCB ) Universidad Autónoma de Barcelona.