No ámbito educativo teñen a cualificación de datos persoais do alumnado o seu nome e apelidos, o seu número de teléfono, o seu domicilio, o correo electrónico, etc., e tamén os datos relativos ás cualificacións, ás ausencias xustificadas ou inxustificadas e ás fotografías ou vídeos (imaxe persoal).
Ademais, non podemos esquecer que, dentro do sistema educativo, se tratan tamén datos relativos ás persoas proxenitoras e á contorna familiar ampla do alumnado, do persoal que presta servizos no ámbito educativo (profesorado, persoal non docente…), e mesmo doutras persoas que inciden accidentalmente na vida escolar, como conferenciantes externos/as, visitantes incidentais, etc
Neste protocolo incorpórase un anexo con modelos de cláusulas de información e autorización para o tratamento de datos, que deberán ser utilizados por todos os centros.
protocolo_de_proteccion_de_datos_persoais_out22.pdf
No hay comentarios:
Publicar un comentario