martes, 25 de octubre de 2022

Consellos para educar a Nenos, Nenas de Alta Demanda

Son nenos, nenas moi curiosos e activos, non queren perderse nada, demandan moita atención.
Nenos de temperamento forte, intensos.  Cunha sensibilidade  moi alta, pendentes de moitos estímulos o que fai que teñan unha gran intensidade emocional, polo que as súas necesidades se intensifican.

Características:
  • Nenos, nenas altamente activos e moi curiosos.
  • Captan rápidamente os estímulos.
  • Temperamento forte.
  • Requiren moita atención, moidemandantes.
  • Perrenchas intensas, irritables.
  • Dependencia do adulto.
  • En moitas situacións poden mostrarse inseguros ou ansiosos.
  • Son propensos a ter un gran número de rabietas, pois o seu humor é bastante difícil de manexar
  • Non saben calmarse sos, difícil xestión emocional.
  • Obstinados, insistentes.
  • Hipersensibles.
  • Dificultades co sono   
  • Nerviosos e impacientes.
  • Precisan moito contacto físico.





Consellos:
  • É importante coñecer o temperamento do neno, nena e aprender a relacionarse con el de forma efectiva e afectuosa.
  • Estes pequenos toman moi en serio o que lles din, así que tes que ser coidadoso coa palabras que uses, non utilizar mensaxes negativos, tampouco os  etiquetedes.
  • Non se pode acceder a todos os seus caprichos, a curto prazo pode ser efectivo pero a longo prazo terá o efecto contrario.
  • É preciso ensinarlle a canalizar e expresar as súas emocións, así que é recomendable que faledes moito con el.
  • Ensinarlle técnicas de relaxación que poida empregar cando sinta a necesidade pola súas sensibilidade.
  • Cando o carácter do neno, nena esgótenos é aconsellable pedir axuda a outros coidadores, outros familiares. Axudará a alixeirar as tensións e terá efectos positivos para todos. Non pasa nada por pedir axuda, non sempre podemos con todo, e é mellor unha axuda antes que perder os nervios.
  • Calma para que non nos desborde a situación.
  • Firmeza para non satisfacer todas as súas demandas. 
  • Aceptalo como é, mostrándolle moito cariño.


enlace relacionado:  www.educapeques
enlace relacionado: www.crianzadealtademanda
enlace relacionado: ninos-alta- demanda






No hay comentarios:

Publicar un comentario