Artigos, Publicacións, Materiais, Enlaces, Webs relacionados co Profesorado, Titoría e a Orientación a maioría para Educación Infantil e Primaria. Entradas e Recursos para as Familias desde a Etapa Infantil ata a Adolescencia
martes, 19 de marzo de 2019
Protocolo para a atención educativa ao alumnado con Discapacidade Auditiva
O protocolo pretende afondar “na convicción de que todo o alumnado pode aprender cando se lle outorgan as oportunidades de educación axeitadas, se estimulan as súas capacidades e responsabilidades sociais e se traballa en colaboración coas familias e con outros membros da comunidade educativa”.
O documento articúlase en nove epígrafes:
1. Introdución
2. Descrición dos principios reitores sobre os que se asenta o protocolo, en concreto a inclusión educativa, o deseño universal, a accesibilidade e a eliminación de barreiras de comunicación.
3. Conceptos clave para comprender a perda auditiva, para axudar a detectala e para poder planificar a intervención educativa.
4. Diagnóstico e o proceso de detección da perda auditiva.
5. Descrición das necesidades educativas do alumnado con discapacidade auditiva, tales como a necesidade de adquirir un sistema de comunicación, de promover a súa participación activa na comunicación e nas relacións da aula ou de fomentar a súa autoestima e a plena inclusión.
6. As medidas educativas para atender este alumnado.
7. Planificación da intervención educativa. Na oitava epígrafe,
8. Avaliación e o seguimento do alumnado con discapacidade auditiva.
9. Bibliografía.
imaxe recollida de Pixabay
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario