lunes, 30 de marzo de 2020

Recomendacións psicolóxicas pola crise do Coronavirus

Nestas datas de confinamento é importante ter claras algunhas pautas de actuación nas familias para facer máis levadeiro este tempo de estar na casa, procurando ter un ambiente protector e tranquilo.
Déixovos unha serie de recursos para facilitar este momento de estar na casa :
Entrevista a Carlos PAJUELO psicólogo dun equipo de atención temperá, cre que desta experiencia sairán «fillos máis fortes» e ofrece algunhas pautas para facer máis levadía esta corentena ás familias.

  • É necesario establecer rutinas, pero sen pasarse. Non se lles poden encher todas as horas do día de actividades. "Os pais non son animadores socioculturais"
  • Hai que evitar expoñelos a unha  sobreinformación.
  • A mellor frase que se pode pronunciar en casa é: «Mozos, tranquilos, que isto pasará e, mentres pasa, estamos na casa».
  • Tamén importante permitir aos nenos que manteñan o contacto cos seus amigos. E, se se pode, botar man das tecnoloxías. Deixarlles facer videoconferencias, que se conten que están a facer, e falen das súas cousas.
  • É necesario manter a saúde física, pero tampouco obsesionarse.
  • «Nada de pasarse o día en pixama ou en chándal. Hai que estar ben, sentirse ben e coidarse. Aínda que só sexa para saír ao balcón para aplaudir.
  • Este é un bo momento para trasladar valores aos nosos fillos. Un deles, por exemplo, é a solidariedade. Pensar nos demais.
  • Ante situacións difíciles hai que tentar entender as súas reaccións e dar tranquilidade aos fillos.
                           

O colectivo de psicólogos de Madrid dan unhas recomendacións para explicarlle aos nenos o brote de Coronavirus

  • Non ignorar os seus medos ou dúbidas.
  • Utilizar unha linguaxe adaptada á súa idade do menor e aos seus coñecementos.
  • Entender que se non llo explicamos ben recorrerán a argumentos  fantasiosos para compensar a falta de información.
  • Falar con frecuencia sobre o tema pero sen saturarlles con demasiada información.  Normalizar que se fale sobre iso sen que sexa  un tema tabú.
  • Promover espazos de encontro para a comunicación con eles onde sentan seguros e tranquilos para expresar, escoitar e preguntar
  • Evitar facer referencia ás persoas que están moi enfermas ou faleceron
  • Ser honestos e evitar longas explicacións, respondendo as súas dúbidas ou medos que poidan ter.
  • Transmitir que poden expresar as súas dúbidas e confiar en nós.
  • Se non temos todas as respostas, ser sinceros, quizais podamos buscar respostas xuntos.
  • Usar debuxos ou representacións gráficas sinxelas para explicar como se produce o contaxio (por exemplo, que naceu en China, que lle gusta moito viaxar, e que de momento, Italia e España son dous países que lle gustan moito,..).
Para os pais e nais : 
  • O máis importante é manter a calma, e saber manexar a tensión.
  • Vixiar as nosas conversacións con outros adultos, ou doutros adultos, os nenos e nenas escóitannos e perciben o noso medo.
  • Non alarmarse nin estimular ao medo.  Ser realista, a inmensa maioría das persoas están a curarse.
  • Protexerlles de toda a información que poida pode ocasionarlles malestar e preocupación porque poden non interpretar ben a información. 
  • Dar seguridade sobre o estado de saúde dos adultos da súa contorna, por exemplo os avós, informarlles que saben protexerse e coidarse.  Se adoitan ver a outros familiares con frecuencia e debido ao virus diminuíron as visitas promover contactos virtuais.




Enlaces relacionados






viernes, 20 de marzo de 2020

Contos e Indicacións para explicar a nenos e nenas que é o Coronavirus

Nestes días que son tan diferentes para os nenos e nenas da rutina habitual, eles precisan explicacións do que está a pasar.
O conto "Rosa contra o virus", publicado por Editorial Sentir, en colaboración co Colexio Oficial de Psicoloxía de Madrid e polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Cataluña. 
O obxectivo principal deste conto é poder explicar aos máis pequenos, da forma máis sinxela e clara posible, que é un virus e xestionar as súas emocións. Por iso, é importante que o menor se sinta acompañado na lectura deste conto. Ao final podes atopar un apartado de recomendacións para adultos.


                              enlace para a súa descarga

Outro conto que explica aos nenos que é o coronavirus e ensina medidas de protección fronte ao coronavirus 


                                          enlace para su lectura

Autora: María Coco Hernando
Ilustración e deseño: Sara Ramírez Sáez
Corrección: María Rodríguez Coco  

A psicóloga e educadora social, Elena San Martín Suárez indica unha serie de consellos para longos períodos dentro de casa con motivo da pandemania do coronavirus.


                                                  enlace para a súa descarga


Enlaces relacionados co coronavirus :

Faros Sant Joan de Déu Barcelona : 

    como explicar aos nenos, nenas os motivos do illamento e corentena

Asociación Española de pediatría :
Decálogo para familias frente ao coronavirus

ARASAAC 
Síntomas, rutinas e prevención 

jueves, 13 de febrero de 2020

Protocolo para a intervención psicoeducativa da Dislexia e/ou outras Dificultades Específicas da Aprendizaxe

A competencia en lectura e escritura é unha das oito competencias  clave que establece a recomendación do Consello da Unión Europea do 22 de maio de 2018.
É tal a importancia do desenvolvemento adecuado dos procesos lector e escritor, tamén do cálculo, que o seu desaxuste, como ocorre no caso do alumnado con dislexia e/outras dificultades específicas da aprendizaxe , ocasiona problemas moi diversos, desde os relacionados coa propia autoestima ata os que teñen que ver co proceso de aprendizaxe e, polo tanto, co desenvolvemento do currículo. E isto afecta ao alumnado, as súas familias e ao propio profesorado.






Índice :

  1. Introdución 
  2. Delimitación conceptual da dislexia e/outras dificultades específicas da aprendizaxe.
  3. Identificación da dislexia e/outras dificultades específicas da aprendizaxe.
  4. Intervención psicoeducativa do alumnado con dislexia e/outras dificultades específicas da aprendizaxe.
  5. Avaliación curricular do alumnado con dislexia e/outras dificultades específicas da aprendizaxe.
  6. Seguimento da intervención psicoeducativa do alumnado con dislexia e/outras dificultades específicas da aprendizaxe.
  7. Recursos TIC paraa intervención psicoeducativa do alumnado con dislexia e7outras dificultades específicas da aprendizaxe.
  8. Referencias bibliográficas sobre a dislexia e sobre outyras dificultades específicas de aprendizaxe e a súa identificación.
  9. Anexos 


enlace para a súa descarga
https://www.edu.xunta.gal

domingo, 15 de diciembre de 2019

Contos visibilización do Maltrato no seno familiar

Recursos para el 25 de Noviembre o día contra a violencia de xénero





Maltrato familiar




  Os efectos do maltrato nos máis pequenos 

enlace a entrada completa onde a orientadora Rebeca llamedo  fai un repaso de de contos e libros xuvenís que podemos empregar en titoría.

sábado, 7 de diciembre de 2019

Guía para la inclusión: Escola Inclusiva

“Unha escola de calidade é a que favorece o desenvolvemento das competencias cognitivas, afectivas, sociais, estéticas e éticas de todos os seus alumnos e alumnas,
vela polo seu benestar emocional, busca estratexias para responder á súa diversidade persoal e cultural, procura elaborar un proxecto colectivo no que a comunidade educativa participe e senta comprometida, e establece relacións con outras escolas e institucións
para o logro destes obxectivos.” 
 (Marchesi e Martin, 2014)
                                                                                                          

Esta guía dirixida está especialmente aos e as docentes de Educación Infantil, e Primaria e Secundaria Obrigatoria. Nela concretamos claves para facilitar a reflexión e algunhas pautas para a posta
en práctica.



Sabemos que avanzar nunha escola inclusiva é a ferramenta máis poderosa para construír unha sociedade inclusiva, xusta e cohesionada. Para o alumnado con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento é, fundamentalmente, un dereito, que obriga a concibir a educación desde unha nova perspectiva: posibilitar as mesmas oportunidades de aprendizaxe e desenvolvemento a todo o alumnado. 




Edita : FEVAS Plena inclusión Euskadi Asociación vasca de entidades a favor de las personas con discapacidad intelectual 

viernes, 18 de octubre de 2019

Protocolo para atención educativa ao Alumnado con Altas Capacidades

Pódese considerar que as altas capacidades intelectuais son un feito diferencial que supón a presenza dun potencial elevado nalgunha área ou áreas de desempeño humano en comparación cun grupo de referencia. O potencial vén dado, pero é á educación a quen lle corresponde desenvolvelo. 
Este protocolo para a atención educativa das Altas Capacidades pretende ser unha ferramenta de uso para profesionais do ensino e para as familias.




                                                               enlace para a súa descarga

Indice:
1. Introdución

2. A inclusión como principio

3. Conceptos
3.1 Altas capacidades intelectuais
3.2 Dobre excepcionalidade
3.3. Mitos e realidades

4.    Identificación do alumnado con altas capacidade intelectuais
4.1  Indicadores de altas capacidades intelectuais
4.2. Avaliación psicopedagóxica e traslado da información

5. Intervención educativa co alumnado con altas capacidades intelectuais
5.1 Orientacións para o centro educativo
5.2 Orientacións para a aula
5.3 Oferta de medidas educativas ordinarias
5.4 Oferta de medidas educativas extraordinarias
5.5 Orientacións para a avaliación curricular
5.6 Orientacións para as familias
5.7 Seguimento da intervención

6. Bibliografía
6.1 Bibliografía para afondar no coñecemento
6.2 Bibliografía para a práctica

Edita Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Xunta de Galicia.

miércoles, 14 de agosto de 2019

Guia TDHA - TA

Guías publicadas polo departamento de Educación de Navarra expoñen estratexias para implementar na aula para o alumnado con Trastornos da Aprendizaxe e con Trastorno Por Déficit de Atención e Hiperactividade.



1. Introdución.................5
2. O que o profesorado debe coñecer sobre os trastornos de aprendizaxe............................................................................ 7
2.1. Antes do comezo do ensino formal da lectura,
a escritura e o cálculo: prevención....................................................................................... 8
2.2. O ensino formal da lectura, a escritura e o cálculo
algorítmico: detección e intervención precoz...................................................................... 11
2.3. A adquisición de coñecementos a través da linguaxe
escrita e matemático: axustes nos procesos educativos
(metodoloxía e avaliación).................................................................................................. 13
3. O profesorado na aula con alumnado
con trastornos de aprendizaxe:
consideracións e boas prácticas............................................................................ 16
3.1. Prevención: antes do comezo do ensino formal
da linguaxe escrita e matemático....................................................................................... 17
3.2. Detección e intervención: durante o ensino formal
da linguaxe escrita e matemático....................................................................................... 18
3.3. Axustes metodolóxicos e competencias en lectura,
a escritura e cálculo: a adquisición de coñecementos ao longo da
escolaridade ..................................................................................................... 21
4. Adecuación e  flexibilización da avaliación
no alumnado con trastornos de aprendizaxe .......................


enlace para a súa descarga. Guía TA




Introdución   .......................................................................................  5
Que é o TDAH   ................................................................................... 6
Detección e diagnóstico ....................................................................... 7
Tratamento ........................................................................................... 9
Características e Necesidades asociadas a TDAH ............................. 10
Caracteríticas nucleares ......................................................................10
Inatención ...........................................................................................10
Hiperactividade .................................................................................. 11
Impulsividade ..................................................................................... 11
Outras Características ..........................................................................12
Funcionamento Cognitivo ....................................................................12
Funcionamento Socio-emocional .........................................................13
Dificultades de aprendizaxe ..................................................................13
lectura ....................................................................................................14
Escritura ................................................................................................14
Matemáticas ...........................................................................................15
Características específicas de cada etapa educativa ...............................16
PAUTAS PARA A RESPOSTA EDUCATIVA ...................................... 17
Orientacións xerais ................................................................................. 18  
Organizativas e metodolóxicas ............................................................... 18
Aspectos relacionados co comportamento .............................................. 20
Aspectos soico-emocionais ..................................................................... 20
Pautas diferenciadas por etapa escolar .................................................... 22
Primaria .................................................................................................... 22
Secundaria .......................................................................... ......................27
Estratexias de intervención nas dificultades específicas da aprendizaxe...30
Estratexias e pautas para exames e avaliacións .........................................35
Recursos didácticos e de apoio ao profesorado ........................................ 35
Bibliografía  .............................................................................................. 35


enlace para a súa descarga. Guía TDAH