jueves, 26 de abril de 2018

TDAH e as dificultades de relacións cos compañeiros

A sintomatoloxía de inatención e hiperactividade inflúe negativamente na conduta social de nenos, nenas con TDAH. As deficiencias na comprensión de indicadores ou craves para o correcto desenvolvemento das interaccións sociais unidas á excesiva impulsividade que experimentan contribúen ao rexeitamento por parte do grupo de iguais. Entre un 50 e un 70 por cento de nenos, nenas con TDAH presentan dificultades na relación social cos seus compañeiros, e os problemas sociais incrementan o risco de sufrir alteracións emocionais e conductuais ao longo do seu ciclo vital.

"As investigacións futuras haberán de considerar máis variables capaces de influír na adaptación social dos nenos, nenas con TDAH, como os déficits na regulación emocional" detallan os especialistas.
Estas dificultades provocan situacións conflitivas, o que desencadea en rexeitamento social, principalmente dos seus iguais ( non contan co neno, nena en actividades grupais, é elixido o último ao facer grupos, et. ) e percepcións máis negativas dos adultos cos que se relaciona.


Algnhas das causas que provocan o rexeitamento das actividaeds dos seus compañeiros son :
  1. O exceso de actividade motriz, que interfire no desenvolvemento das actividades dos demais.
  2. A falta de inhibición lévalles a realizar comportamentos inadecuados, xeralmente esaxerados ou fóra de contexto.
  3. A falta de control motor confúndese con brusquidade.
  4.  Son valorados como incontrolables ou mesmo violentos debido á frecuencia con que teñen accidentes ou problemas.
  5. As súas emocións adoitan ser desaxustadas e extremas.
Todo isto ten como consecuencia que sexan considerados persoas torpes, agresivas, desafiantes, malos estudantes, incontrolables, mal educados, et.

Ademais
Son rexeitados polo seu grupo de iguais xa que non comprenden a súa forma de actuar nin que é algo involuntario e moi complicado de controlar para o neno TDAH.
Pode mesmo producirse un illamento voluntario por parte do neno, nena ao sentirse rexeitado polos compañeiros.
Poden desenvolverse niveis altos de baixa autoestima, pobre autoconcepto, tics, baixo estado de ánimo, et.

Os psicólogos consideran que as intervencións para nenos con TDAH e problemas nas habilidades sociais deberían orientarse cara o deseño de programas que promovesen o adestramento en diferentes compoñentes executivos ( inhibición, memoria de traballo, planificación, flexibilidade e atención) co fin de promover comportamentos socialmente desexables, a través de actividades de cognición social como:
- Ler craves sutís na interacción social
- Utilización axeitada do tempo e das pausas e da súa intensidade.
- Aprender a esperar a quenda
- Saber iniciar o tópico e mantelo
- Cando debe cambiarse o tema dunha conversa
- Ser capaz de recoñecer as expresións emocionais doutras persoas.

Así mesmo , os programas deseñados para incrementar a interacción social deberían contar coa participación do neno, nena en múltiples contextos co fin de xeneralizar comportamentos sociais máis adaptativos e involucrar a compañeiros, mestres, comunidade educativa e familiar.







enlaces relacionados
www.comunidad-tdah.com 
www.fundacioncadah.org
familia-padres-hijos/abci-tdah-ninos-



martes, 24 de abril de 2018

Circulos de diálogo

As prácticas restaurativas permiten un enfoque preventivo para a Convivencia escolar. Teñen os seus inicios ala polos anos setenta, se seguen aplicando en  proxectos educativos de centros.
Os elementos que se  traballan como  o respecto a outro, respecto á diferenza, o desenvolvemento da empatía coa escoita activa, a participación na toma de decisións, búsqueda de solucións entre todos, recoñecer as consecuencias dos seus actos son elementos fundamentais  dun programa para a educación emocional nos centros educativos.

Un ambiente escolar positivo, precisa que os alumnos se síntan partícipes, e nestos centros educativos o desenvolven a través de momentos de diálogo coa escoita activa, a participación de todos nun mesmo plano e a comunicación respectuosa e non violenta 

Elementos dun circulo de diálogo: 
persoa facilitadora que pode intervir cando o considere preciso, o papel das persoas facilitadoras é a de acompañar as diferentes intervencións, acompañar as intervencións e axudar a clarificar e concretalas.
Os círculos se desenvolven en función das necesidades do grupo
Mª Asunción Gallardo do CEIP Gabriel Vallseca (Palma de Mallorca) no seu artigo na revista Convives, sinala diferentes círculos como: o de entrada, de saída e conclusión, proactivos, de coñecementos previos dun tema, de resolución de conflitos, de avaliación.

                              imaxe do artigo de Vicenç Rul-lan e Ángels Grado no
                              diario da educación  sobre prácticas restaurativas
                         

A escoita dos alumnos de como se sentiron nesa situación, do que pensan, do que lles gustaría, supón establecer relacións afectivas positivas dentro da comunidade fai que a implicación e responsabilidade no centro sexa maior.

Tamén están os círculos restaurativos estes se dan cando hai un conflito. O foco dunha intervención restaurativa non se centra tanto no incumprimento dunha norma como na intervención cando ten que repararse un dano causado.
Lourdes Otero, orientadora no IES Neiras Vila (A Coruña) no seu artigo na revista Convives, sinala: "os círculos restaurativos permiten actuar sobre máis individuos a diferencia da mediación que se hace entre pares. Abren a posibilidade de que a participen máis persoas que se ven afectadas por unha mesma situación problemática."

acccede a revista aquí: convivesenlaescuela.blogspot.com.es

Nesta Infografía vemos como se leva a cabo  un círculo de diálogo

martes, 10 de abril de 2018

PRACTICAS RESTAURATIVAS E CONVIVENCIA

Artigo da revista Convives nº 21 onde se fala da xustiza restaurativa que implica prácticas restaurativas.
Ted Wachtel, presidente e fundador do Instituto Internacional de Prácticas Restaurativas, parte dunha hipótese fundamental : Os seres humanos son máis felices, máis cooperativos e produtivos, e teñen máis probabilidade de facer cambios positivos no seu comportamento cando os que están en posicións de autoridade fan cousas con eles, en lugar da eles ou para eles”.

As practicas restaurativas evitan recrearse nos feitos, xa que eran coñecidos por todas as persoas presentes, e céntrase en como afectaron a outras persoas e nos sentimentos que desencadearon. Isto provoca un impacto emocional que permite a reparación e a recuperación da tranquilidade e dun benestar que se rachou. Motivación para a mellora da conduta.

O artigo fai diferenza entre xustiza retributiva que baséase na identificación do culpable, a explicación precisa dos feitos, a concreción da norma infrinxida e, ca determinación da consecuencia Mentres que a xustiza restaurativa céntrase na identificación e o rexeitamento da conduta desafiante e na reparación do mal provocado na persoa ou persoas afectadas. A partir do sucedido, promóvese escóitaa e a expresión de sentimentos e necesidades, inclúese a empatía e se determinan os recursos, os espazos e os prazos para cumprir os acordos, despois de visualizar un escenario de cambio.
 
Se sinala a importancia da escoita activa, a expresión das emocións e sentimentos xurdidos durante o conflito coa inclusión de todos nesta xuntanza, isto implica o rexeitamento do acto en si pero non da persoa.
Desde a perspectiva restaurativa valoran  a participación, escoita, a responsabilidade, a expresión de sentimentos e necesidades, a inclusión de todos os membros da comunidade, o rexeitamento do acto pero non da persoa...; son principios que favorecen sentimentos de benestar e de reparación, e percepción de xustiza real.





Cando é necesario un cambio de conduta coñecemos que o medo que  provocan  as consecuencias de facelo moitas veces fai que está non se produza. 
Pero hai unha maneira de traballo de modificación de condutas que vai máis aló da consecuencia e que ten que ver coa motivación interna de cada un.
Se ben nun principio está ten que ser desenvolvida a través dos valores e actitudes como a empatía, respecto ao outro, habilidades sociais, resolución de conflitos, que se traballen na escola e tamén na familia de aí a importancia da relación e fluidez de comunicación entre ambos.

Como di a autora deste artigo o adestramento na mirada cara ao outro e o autocontrol aplicado en base a esa mirada fará que a conduta desenvlvida  sexa por decisión propia e non por mor as consecuencias ou criterios doutra persoa.

autora do artigo Ángels garcía Cunyat
Membro do Servizo de Mediación Escolar do centro e da Associació de Justícia i Pràctica
Restaurativa de lles Illes Balears. Profesora de Lingua Catalá e titora nun instituto público.

 Enlace á revista que é un monográfico sobre prácticas restaurativas e convivencia

Convives revista


lunes, 26 de marzo de 2018

A AXUDA DAS TECNOLOXIAS Á DISLEXIA

A dislexia é unha  dificultade para o proceso lecto-escritor de orixe neurobiolóxico, esto xenera dificultades nas aprendizaxes das distintas áreas escolares.


Estos alumnos e alumnas síntense con estress, ansiedade moitas veces ao longo da xornada escolar, polas dificultades na linguaxe escrita e o lento aprendizaxe da lectura. Non rematan as tarefas pola lentitude para acceder a información. 
Por iso é importante establezcan un entorno cercano e de aceptación, facelos conscientes da súas dificultades e valorar os seus puntos fortes para favorecer a súa motivación e a súa autoestima.
É preciso a colaboración, intercambio de información familia e escola para xerar un ambiente de confianza no alumno ou alumna. 
Para favorecer o neno e nena con dislexia, temos o recurso da tecnoloxía, estos son uns exemplos: 

Para axudarlle a entenderer as súas dificultades: 



Compatibilidade Ios. Android. app " Las Letras y yo"  que explica que é a dislexia a través dun conto interactivo adaptado para explicar aos máis pequenos a dificultade para identificar lestras e ler. Axuda aos pais e mestres a falar con el, ela sobre a súa discapacidade. enlace para descargar en Android



Para traballar a lectura :

    App "Dyseggexia",  "piruletras" en castelán. 


Esta app traballa a lectura e as regras de ortografía. Aplicación para o teléfono móbil. 
Sus creadoras Luz Rello, Clara Bayam y Azuki Gorriz  explican que" ayuda a los niños a superar sus problemas de lectura en castellano a través de divertidos juegos." Mellora a ortografía dos pequenos con dislexia de 9 a 11 anos.
Páxina para descargar en Android ou IOS.


App Palabras Especiales


- Aplicación recoñecemento de palabras para desenvolver a fonética das palabras, sonidos das letras. Mellora das habilidades lectoras.
Compatibilidade IOS, Android "palabra especiales" é unha app deseñada para recoñecer palabras escritas, a través de imaxe e sons. Reune un total de 96 palabras en 27 idiomas.  Google play : Palabras especiales




 Alphabeto sin fin  é unha app baseada na metodoloxía multisensorial para axudar aos nenos e nenas a aprender os principais fonemas do alfabeto en inglés. Sairá maís adiante en castelán. Para Smartphones e Tablets. Pódese baixar de Google play: Alphabetic sin fin


 Adrapo é un procesador de textos que permite a aprendizaxe visual, o usuario conta coa representación de palabras mediante símbolos e pictogramas. Tamén conta coa prevención visual de caracteres /p//b//d//q/ é con posibilidades de insertar texto predefinido.
adrapo é gratuito orientado tamén para o autismo. Está disponible en español, inglés e portugués, pode executarse dende un pen drive e sen instalación previa sempre que o sistema teña Java.
adrapo: procesador de texto  para a súa descarga





Fundación Orange. compatibilidade IOS.  Android.
A universidade de Granada respalda esta aplicación deseñada para potenciar a atención visual, a selección de imaxes para coñecer o significado das palabras. Está pensado para nenos e nenas con autismo e baixo nivel de funcionamento.
  App Sígueme

Programas para convertir voz en texto. 
9 aplicaciones para pasar de texto a voz neste enlace tes vozMe e Spoken text.

 enlaces interesantes

Artígo do ABC: ¿Cómo pueden las Tecnologías ayudar a los niños con dificultades de aprendizaje?



BlogContic : convertir texto en voz
Entrevista Luz Rello " Esto no es una falta de ortografía"

martes, 20 de marzo de 2018

Guía prevención e Educación para a igualdade

A guía para a prevención e a actuación ante a violencia de xénero no ámbito educativo pretende ser un manual para a formación do profesorado destinado a mellorar os seus coñecementos e capacidades para a intervención desde dito ámbito na loita contra a violencia de xénero.

A coeducación como estratexia preventiva ante a violencia de xénero, é un tema imperioso que necesita do seu traballo nos centros educativos. Moitas veces se ten en conta para determinados aspectos pero non se traballa de forma rigurosa.
No día a día atopamos nenas con comentarios que nos fan reflexionar como moitas decátanse : da menor visibilización que teñen con respecto aos compañeiros, o uso dos espazos de recreo desigualitario , o protagonismo minoritario nos contos de acción e aventuras, etc.
  
Neste tabolerio recollo as propostas sobre coeducación que se expoñen na nesta guía con enlaces a outras entradas sobre o tema. 







Índice
Prevención de la violencia de género. Formación del profesorado
1. La educación para la igualdad es una cuestión de ley
2. Formación del profesorado
3. Conceptos necesarios
4. Prejuicios y mitos
5. La Coeducaicón
Bibliografía

A violencia de género na adolescencia
1. A violencia de xénero na adolescencia
2. Tipos de violencia de xénero na adolescencia
3. Estratexias de prevención da violencia de xénero na adolescencia
Bibliografía
As vitimas invisibles: Menores en exposición a violencia de xénero na parella
1. As vítimas invisibles da violencia de xénero
2, Desmontando mitos a construíndo realidade sobre a exposición á violencia de xénro na infancia
3. A necesidade de chamar as cousas polo seu nome: a exposición á violencia de xénero é unha forma de maltrato infantil
4. Múltiples formas de exposición á violencia de xénero
5. De parte de quen me poño?: os roles que adoptan os fillos e as fillas ante o agresor e a vítima  




Dirección general del Instituto Asturiano de la Mujer.
capítulo 1 Marian Moreno Llaneza -Docente de educación secundaria.
capítulo 2 Carmen Ruiz Repullo- Dra. Sociología y Docente
capítulo 3. Cristina Díez Fernández - Dra. Psicología y Terapéuta


descarga da guía . Instituto Asturiano de la mujer 



lunes, 12 de marzo de 2018

Pautas para adaptar as probas a alumnos, alumnas con dificultades na lectoescritura

A Avaliación é un elemento dentro do proceso ensinanza aprendizaxe  para facilitar a respuesta axeitada no avance cara a aprendizaxe. Por iso e necesario desenvolver unha avaliación contextualizada, centrándonos máis no proceso que no resultado. Cando queremos avaliar a un alumno, alumna temos que considerar os factores que inciden no momento.

Dividimos es distintos aspectos para ver con máis detalle:

Tempo e Distribución 

Permitir descansos durante a proba
Considerar o momento do día no que se fai a proba
Evitar que o alumno teña máis dunha proba por día

Presentación e Formato da proba
Expor alternativas complementarias de avaliación á proba escrita dependendo das características do alumno:
Proba oral, Proba tipo Test.
                                                        Nas probas escritas
       
                                                                              Cantidade e deseño

  •  Aumentar o espazo entre exercicios
  • Reducir o número de exercicios por páxina
  • Reducir exercicios ou apartados ( hai que controlar a cantidade de tarefa de modo que non lle supoña máis tempo que aos demais).

                                                                             Enunciados


  • Enunciados curtos, preferiblemente cunha oración en cada liña.
  • Resaltar as palabras ou oracións crave das instrucións (subliñar, negrita)
  • Volver a escribir as instrucións en cada nova páxina se o exercicio continua.                                                                                                                                                                                   Preguntas
  •  Utilizar preferentemente preguntas que impliquen respostas de clasificar, relacionar, verdadeiro/falso.
  • Completar frases cunha ou dúas palabras, en lugar de preguntas que esixan redactar.
  • Presentar preguntas da proba por escrito ( non ditar).
  • Se houbese textos fragmentalos en pequenas partes e intercalar as preguntas de comprensión, ou numerar os parágrafos do texto.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                        Formato
  • Aumentar o tamaño da letra ( entre 14 e 18 puntos).
  • Aumentar o entreliñado.
  • Escribir en negro sobre o papel de cor crema.
  • Usar tipografías de pau seco, como Arial , Verdana, Helvética. Evitar cursiva e o texto xustificado. 
Instrucións para realizar a proba

Realizar unha lectura previa da proba por parte do profesorado.
Asegurarnos de que comprendeu o enunciado de todas as preguntas.

Forma de respuesta

Se ten que escribir ofrecerlle unha pauta.
Poñer un exemplo ou modelo para facilitar a resposta.


Á hora de corrixir
Dar máis importancia ao contido e non tanto á forma.
Corrixir unicamente as faltas de ortografía que nese momento estea a traballarse ou ben outras previamente pactadas co alumno, alumna.
Utilizar cores alternativas a cor bermella para a correción ( os alumnos, alumnas asocian esta cor ao fracaso).

Observacións 

Un dos puntos máis importantes para favorecer a aprendizaxe é o  o éxito do alumno, alumna. Que o alumno, alumna poida desfrutar dos seus avances. Estes facilitarán a motivación, a persistencia no traballo escolar.
Unha escola inclusiva baséase en tres P
Unha escola inclusiva promove a atención á diversidade 
na aula coa :
       









       









       1º Presenza
                                              
                                  2º Participación como un máis
                                  Progreso na aprendizaxe
                               

O progreso tamén é un elemento clave para a  súa autoestima. 




Este artigo fíxose coa colaboración da mestra de Audición e Linguaxe Andrea. Moitas grazas pola gran aportación que fixeches a este artigo.