martes, 19 de marzo de 2019

Mitos e Alta Capacidade

Javier tourón desde o seu blog Javier Tourón e  Paulina M. Bánfalvi desde o blog AACC La Rebelión del Talento expoñen os mitos que existen sobre as altas capacidades, estes son unha das consecuencias do número de alumnos, alumnas tan baixo que temos identificados no noso país.
Esta é unha selección dos mitos que eles contemplan nas súas publicacións:

1. “A Alta Capacidade é  innata ou, o caso contrario, é tan só froito do traballo duro” pois nin unha cousa nun a outra.
Non  hai  dúbida de que a  bioloxía  xoga un papel importante non  desenvolvemento dous talentos, pero  isto  non  xustifica a  necesidade  dun  traballo disciplinado.
Máis  ben  é a alta  habilidade  coa que  eses  nenos nacen a que  lles  fai  traballar duro. A súa motivación e mesmo a súa práctica extensiva son o resultado do seu talento, e non a causa.
2. “Os nenos con alta capacidade posuen unha forza intelectual xeneral que lles fai ser superdotados en todas as áreas” 
Raramente os nenos  superdotados destacan en todo o conxunto de dominios académicos. Máis ben tenden a estar definidos máis claramente, e a medida que avanzan en idade nun dominio específico. Poden, mesmo, ser  superdotados nunha área académica e ter problemas ou dificultades de aprendizaxe noutra
a labor da escola é coñecer a cada un dos seus alumnos para ver en qué áreas son fortes e en que grao e cales son os seus puntos menos fortes para personalizar un proxecto educativo que desenvovla as súas fortalezas.


3. Os nenos e mozos con alta capacidade poden alcanzar o seu pleno    desenvolvemento sós.
Se non  atendermos as súas  necesidades  educativas específicas non poderán  desenvolver todo o seu potencial.

4. Os nenos con Alta Capacidade mostran un bo axuste social e emocional.
"A realidade mostra que eles saben que son diferentes. Aínda que poden atopar a outros que mostren a súa paixón pola aprendizaxe ( necesitan de feito compañeiros intelectuais) poden chegar a estar illados e desanimados e  corren o risco de ser arrogantes e despectivos cos  outros por unha banda ou faltos de autoestima por outro lado." Javier Tourón.

5. Os nenos con Alta Capacidade son produto da Sobre-estimulación dos pais.
Os pais, nais aínda que teñen que estar xunto aos fillos estimulándoos, animándoos e empuxándoos, non crean a  superdotación.
Os nenos  superdotados están a enviar sinais claros aos seus pais acerca da súa necesidade dunha contorna estimulante. 


6. Os nenos con Alta Capacidade son os futuros homes e mulleres eminentes do futuro, e o resto non
"A educación dous alumnos de alta  capacidade, de todas  as  persoas  independentemente dá  súa  capacidade, #deber orientar  ao pleno  desenvolvemento  persoal,  á completa actualización dás propias potencialidades."  javier  tourón 


Mito 7 Os nenos de Alta Capacidade soen pertencer a clases sociales altas
Posto que o desenvolvemento das nosas capacidades vén en boa medida determinado polas oportunidades de desenvolvemento e experiencias, resulta lóxico entender que aqueles de clases sociais máis favorecidas reciben máis oportunidades. Pero recoñecer isto dá aínda maior relevancia á escola como catalizador do potencial. A alta capacidade intelectual esta presente en todos os xéneros e contornas sociais.

Mito 9 : Os programas para nenos de alta capacidade ou as experiencias de maior reto son unha esixencia adicional que lles impide “ser nenos”.
A ausencia de reto   non beneficia  ou   desenvolvemento infantil, privar   aos  nenos  dá satisfacción de esforzar para conseguir logros e   recoñecer así   as  súas fortalezas,   ou de  inter-relacionar    con  nenos  similares   é, precisamente,  ou que   lles negará   unha infancia plena e satisfactoria.
Mito 10: As medidas orientadas a dar resposta ao alumnado con Altas Capacidades son unha forma de elitismo que aumenta as diferenzas entre os alumnos.

Mito 11. A atención ao alumnado con Alta Capacidade é desexable, pero non urxente, e débese pospoñer para atender antes outras prioridades.





Javier Touron

Protocolo para a atención educativa ao alumnado con Discapacidade Auditiva


O protocolo pretende afondar “na convicción de que todo o alumnado pode aprender cando se lle outorgan as oportunidades de educación axeitadas, se estimulan as súas capacidades e responsabilidades sociais e se traballa en colaboración coas familias e con outros membros da comunidade educativa”.
O documento articúlase en nove epígrafes:
 1. Introdución
 2. Descrición dos principios reitores sobre os que se asenta o protocolo, en concreto a inclusión educativa, o deseño universal, a accesibilidade e a eliminación de barreiras de comunicación.
 3. Conceptos clave para comprender a perda auditiva, para axudar a detectala e para poder  planificar a intervención educativa.
 4. Diagnóstico e o proceso de detección da perda auditiva.
 5. Descrición das necesidades educativas do alumnado con discapacidade auditiva, tales como a necesidade de adquirir un sistema de comunicación, de promover a súa participación activa na comunicación e nas relacións da aula ou de fomentar a súa autoestima e a plena inclusión. 
6. As medidas educativas para atender este alumnado. 
7. Planificación da intervención educativa. Na oitava epígrafe, 
8. Avaliación e o seguimento do alumnado con discapacidade auditiva.
9. Bibliografía.


             
                                    imaxe recollida de Pixabay


enlace para a a súa Descarga

viernes, 8 de febrero de 2019

Altas Capacidades: materiais para enriquecimiento curricular

Dende  o blog de Altas Capaciades Córdoba recollo estes materiais, que son para uso exclusivo nos centros educativos, por parte do profesorado que atende a alumnado con altas capacidades intelectuais. O obxectivo é que o profesorado dispoña de actividades alternativas ás xerais das materias.



Modelo PECAI conxunto de actuacións para enriquecer o currículo.
Educación Infantil
1º Educación Primaria : coñecemento do Medio, Linguaxe, Matemáticas.
2º Educación Primaria : Coñecemento do Medio, Linguaxe, matemáticas.
3º Educación Primaria: Coñecemento do Medio, Linguaxe, Matemáticas.
4º Educación Primaria: Linguaxe, Matemáticas.
Proxecto de Traballo de 5º/6º:  Área Coñecemento do Medio
Educación Secundaria : Habilidades sociais, Fisica e Química, Lingua Extranxeira, Matemáticas. Orientacións profesorado. Talleres de Enriquecemento extracurricular.


altacapacidadcordoba Materiais de enriquecemento curricular.
autor : Manuel Dorado Pérez profesor especializado en la atención educativa al alumnado con altas capacidades intelectuales.


domingo, 3 de febrero de 2019

Guía de ensinanza do inglés para alumnos con Dislexia

A asociación Internacional de Dislexia (2008) no seu folleto at-risk students and the study of foreing language at school concreta que os estudantes que sofren dificultades importantes nunha das catro destrezas na súa lingua materna ( lectura, escritura, comprensión auditiva e expresión oral ) son candidatos a ter problemas na aprendizaxe das linguas extranxeiras na escola. 
As dificultades na lingua extranxeira dependerán dos problemas do alumno, alumna na súa lingua materna.  É condición indispensable a maduración do alumno no dominio das destrezas na súa lingua materna antes de expoñelo a esixencia da ensinanza de outras linguas. 
Esta guía está estruturada en oito capítulos. Parte do máis xeral como detectar alumnos disléxicos, e a continuación proporciona unhas orientacións metodolóxicas. Posteriormente desenvolve as técnicas para traballar o vocabulario e as 4 destrezas principais:  listening,  speaking,  reading e  writing.

Índice
1. Introdución
2. Como detectar aun alumno, alumna con Dislexia na nosa clase
3. Orientacións metodolóxicas xerais. Introdución
   3.1 Técnicas para o desenvolvemetno das 4 destrezas principais: listening,       speaking, reading y writing.
4. Avaliación 
   4.1 Elaboraciónn Plan de Traballo Individualizado ( PTI) y Adaptación Curricular (AC)
   4.2 A Avaliación dos alumnos disléxicos.
5. Orientacións ás familias.
6. Outros enfoques
   6.1. Intelixencias Múltiples
   6.2 Aprendizaxe baseado nos Proxectos
   6.3 Teatro Musical
7. Marco legal
8. Bibliografía



enlace para a súa descarga

Autores : Fulgencio Hernández García, Lorenzo Antonio Hernández Pallarés, Mª Teresa Valencia García, Felipe Javier Ramírez Lajarín, Miguel Ángel Abril López
Promove : Dirección general de atención a la diversidad y calidad educativa. Consejería de Educación, Juventud y Deportes. Región de Murcia.

lunes, 28 de enero de 2019

Infografía Dislexia

Recollo nesta infografía un pequeno resumo da charla de Luz Rello, investigadora e Lingüísta, onde fala a través da súa experiencia escolar, das fortalezas que desenvolven os nenos e as nenas para afrontar a súa dificultade específica de aprendizaxe.
Fai unha reflexión ao final da entrevista que di: 
"se alguén diche que ti non podes, equivócase" 
"se ti queres ser feliz escolle os consellos que che axuden a ser feliz"
"selecciona as orientacións que che axuden a ser o que ti queres ser" 





Pincha en Fuentes ou  desde este enlace accede ao vídeo .


lunes, 14 de enero de 2019

Guías con pautas para Pais e Nais de nenos e nenas con TDAH

Está guía está dirixida a nais e pais con fillos, fillas con TDAH e pretende chegar información sobre as súas características e orientacións que lles axuden a promover a evolución positiva das súas fillas e fillos, controlando e canalizando de forma adecuada os seus síntomas.
Fai unha descripción dos síntomas, fala tamén da necesidades destes nenos, nenas e ten un capítulo de orientacións para nais, pais moi desenvolvido que axudará as familias a entender e canalizar mellor as dinámicas as veces difíciles e complicadas que se producen no ámbito familiar.

                                                             enlace a publicación

Índice
Introdución
Que é o trastorno por Déficit de Atención e/ou Hiperactividade?
Avaliación e Diagnóstico
Tratamento
Como son os nenos e as nenas con TDAH? Que dificultades e necesidades teñen?
Orientacións para pais e nais.
Colaboración co centro educativo
Como evolucionará o noso fillo ou filla con TDAH?

Autora: Isabel Bellver Vázquez-Dodero
Ilustraciones Isidre Monés
Edita: CEAPA  Confederación Española de Asociaciones de Padres y Madres de Alumnos



                                    Guía práctica para pais e nais. feaadah
Se o que precisamos e unha publicación máis curta que a guía anterior, que explica o día a día cun neno, nena con TDAH e nos fala:
Da actitude positiva, 
Comprender ao nos fillo, filla 
Mellorar a súa autoestima 
Ensinarlle a ser organizado 
O que debemos evitar
Favorecerlle as habilidades sociais

Edita Federación Española de Asociaciones para la ayuda al Déficit de Atención e Hiperactividad
www.feaadah.org 

miércoles, 2 de enero de 2019

Guía BuLLYING TEA

Guía de actuación para profesorado e familias. Trátase dun recurso dirixido a familias e profesores para axudarlles a identificar e detectar situacións de acoso escolar e poñerlles freo, así como para apoiar e axudar á vítima. 
O obxectivo desta guía é poñer o foco no contexto educativo xa que é aquí onde se debe fomentar e transmitir o respecto á diversidade. 




Contidos

  1. Xustificación e finalidade da guía 
  2. De que falamos cando falamos de acoso Que é o acoso?
  3. Vulnerabilidade non significa predeterminación
  4. O acoso pódese evitar. Como previr o acoso. Estratexias
  5. Tomando en serio o acoso escolar. Como detectar se está a ser acosado?
  6. Reaccionando ante o acoso. Protocolo de actuación e intervención ante o acoso escolar
  7. Dá o teu primeiro paso agora. Podes saír de todo isto. Axudámosche. Como apoiar e axudar á vítima?
  8. Bibliografía e páxinas web 
  9. Anexos


Autoría: Juana M. Hernández Rodríguez 
Editor: Confederación Autismo España. 
Enlace para descarga acoso escolar TEA