Protocolo de atención educativa para o alumnado que deba permanecer convaleciente no domicilio por lesión, doencia prolongada ou enfermidade crónica sempre a criterio médico. Neste protocolo determínanse os procesos de solicitude, tramitación, elaboración, coordinación e seguimento do programa individualizado, e a participación e apoio das familias. Así mesmo, facilítanse modelos dos principais documentos necesarios.
A atención educativa domiciliaria axustarase a un programa individualizado no que se farán
constar os aspectos curriculares, metodolóxicos, organizativos, de coordinación, seguimento,
temporización e revisión periódica que garantan a adecuación ás circunstancias do
alumnado.
O programa individualizado centrarase no mantemento e desenvolvemento das
competencias clave e das materias instrumentais que garantan o axeitado retorno á
actividade educativa cotiá, garantindo que isto non interfira no proceso de recuperación
física do alumnado, e contará, no seu caso, co apoio do profesorado especialista que atende
ao alumno ou á alumna no centro docente.
.
Accede na imaxe ao protocolo
Paxina web Edu.xunta.