Existe a crenza de que un neno de altas capacidades vai sobrado de intelixencia e que non ten ningún tipo de problema. esta crenza falsa fai moito dano as familias que o sofren.
Os superdotados pensan e sinten de maneira distinta aos demais, o seu cerebro funciona doutra maneira. As familias teñen que lidiar moitas veces cunha situación confusa, frustrante e dolorosa. A adecuada xestión emocional dun neno con alta capacidade é a pedra angular do benestar do propio neno, nena, da súa contorna e do seu éxito académico é vital, da súa adaptación sen sometemento a un mundo feito a medida do percentil 50.
Olga Carmona, psicóloga sinala que: cando nos dicen que o nos fillo é de altas capacidades o primeiro é informarnos para romper estereotipos e prexuízos.
o segundo é aceptar a o noso fillo, filla tal como é, non como a min gustaríame que fora, é esencial para poder empatizar con el e darlle aquilo que emocionalmente necesita.
A miña actitude e a forma de afrontar as dificultades no día a día cambia radicalmente cando entendo é acepto porqué comportáse de determinada maneira. Se cando lle falo el non me fai caso e eu sei que está absorto nunha actividade determinada, non me enfado ni penso qué é un desobediente. Tratarei de habilitar estratexias para chegar a el e ser escoitado.
precisamos: Paciencia, autoridade e negociación
Paciencia para no esixir nin esperar tempos, nin reaccións nin respostas como calquer outro neno, nena. ex: paciencia para que termine unha actividade na que está inmerso aínda que se arrefríe a comida, paciencia para manexar o caos da súa mochila e as sús tarefas escolares.
Autoridade un neno, nena con alta caapcidade cuestiona a autoridade por definición.Só a recoñecerá se esta é explicada e ten sentido para el.
O eficaz é a negociación e a explicación real do porqué pido o que pido, porque a súa intelixencia convértese entón en aliada e dado que son capaces de comprender conceptos e razóns que os nenos, nenas normais da súa idade non entenderían, é máis probable que acepten de bo grado o que se lles está pedindo.
foto VisualHunt.com
Temos que afastarnos do paradigma premio-castigo para abogar por un modelo de crianza e educación baseado nas emocións, o respecto, a comunicación, a confianza e o amor incondicional, son as bases para dar a estes nenos, nenas un referente de contención que lles permita construír unha autoestima sólida e despregar así o seu inmenso potencial en beneficio propio e posiblemente de toda a sociedade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario