viernes, 18 de marzo de 2016

Dislexia oculta

A Dr. Hoeft é científica e psiquiatra do cerebro na Universidade de California.
publicou un artigo na revista New Yorker onde  fala da "Dislexia Oculta".
A dislexia Oculta é a que mostran alumnos con dificultades na decodificación e sen embargo non presentan dificultades de comprensión na lectura.
este témino foi utilizado por primeira vez 2005.
ante as dúbidas de si a estes alumnos con problemas cos fonemas e a decodificación e tendo unha boa comprensión na lectura eran ou non disléxicos.
a doutora Hoeft fíxolle unhas probas onde se demostraba que a actividade cerebral tiña as características clásicas dunha disléxia, confirmando que realmente son alumnos, alumnas disléxicas.




Os alumnos e alumnas con dislexia "oculta" presentan baixo rendemento na aula.
Moitos destes estudante son diagnóticados con Disgrafía ou TDAH, xa que cometen moitos erros parvos. A súa comprensión é boa porque compensan as súas dificultades de decodificación usando habilidades de atención e de resolución de problemas.  

As seguintes habilidades son un reto para eles:
- Lectura de palabras novas
- Lectura en voz alta
- Velocidade e precisión da lectura en silencio
- Ortografía
- Escritura tanto a súa mecánica como a velocidade e cantidade
- Nas tarefas de lectura de pasaxes que conteñan moitas  palabras pouco conocidas ou términos novos.
- Na lectura de temas que non lle sexan familiares (xa que non poder utilizar o seu coñecemento para adiviñar palabras que non poden deletrear fonéticamente).
- Manter unha lectura prolongada ou escribir tarefas.
- Na lectura de pasaxes curtos onde non poidan utilizar o contexto para adiviñar as palabras que non poidan deletrear fonéticamente: preguntas de exame de opción múltiple ou problemas de matemáticas con palabras.

Para moitos estudantes con dislexia oculta as dificultades só se evidencian cando aumenta a cantidade de traballo ou a complexidade de este.  Ahí é  cando non son capaces de manter o ritmo de aprendizaxe aínda que se esforzan.  
Debido a estos retos os estudantes con dislexia oculta precisan os mesmos apoios que outros estudantes disléxicos.


www.understood.org