domingo, 29 de octubre de 2017

Patios dinámicos

Este é programa para implementar no patio escolar para nenos e nenas  que teñan TEA ou non. Esta no libro de Gey Lagar "Patios e Parques Dinámicos". Gey Lagar traballa na Asociación Asperger de Asturia. Desenvolve o Programa Patios e Parques Dinámicos como ferramenta de Inclusión social, implementándoo en varios centros educativos do Principado de Asturias.
Esta ferramenta tamén vai dirixidas as familias con estratexias para a hora de xogo.



Esta metodoloxía:
Favorece a inclusión dos alumnos, alumnas con TEA.
Favorece un clima de entendimento e respecto achega dás características personais do alumno, alumna.
Favorece eliminar condutas estereotipadas.
Os pasos que segue son:

  • Explicarlles onde se xoga e como se xoga
  • Darlles seguridade
  • Traducir situacións sociais 
  • Axudar a aceptar as norma 
  • Axudar a seguir as normas do xogo
  • Facerlles ver que poden xogar con todos, todas
  • Facerlles ver a todos, todas que poden xogar con eles.
 cómo facemos a planificación:
  1. Onde - lugar do patio tranquilo
  2. Cantos recreos á semana
  3. Utilizar apoio visual na clase e na familia
  4. Elexir un profe de xogo do claustro
  5. Crear un equipo de patios dinámicos e planificar días e horarios, empezar un día á semana e ir aumentando.

Enlaces relacionados
vídeo explicativo de Gey Lagar https://vimeo.com/139674730
entrevista a Gey lagar  #mesaautismo3
Enlace páxina facebook




No hay comentarios:

Publicar un comentario