jueves, 4 de junio de 2015

TOLERANCIA CERO


En educación hai que ter preparados modelos de acción, non improvisar en problemas complexos coma este.
No acoso hai 3 protagonistas : o acosador, o acosado e os observadores e hai que ter actuacións para os tres protagonistas implicados.
Medidas educativas para : O acosador facelo cambiar a súa conduta, a acosado apoialo e aos observadores facelles ver que coa súa actitude poden facer cambiar moito as cousas e que esto non suceda.
Con respecto aos protocolos, hai que ter claro as responsabilidades de cada quen:
A dirección, O Claustro, O titor, o mestre da súa aula, O Departamento de Orientación. Alumnos, Pais e nais, Administración Educativa.

Un programa que ten resultados exitosos Kiva (Finlanida) se centra no grupo que é onde están os espectadores que coa súa actitude están a valorar que non ten importancia o que esta a pasar, esto fai que se convirtan en apoios ao agresor. O Obxectivo concienciar das accións do grupo e defender e apoiar a vítima.



No artigo de Ana Jack Torres na Prensa en la escuela de la Voz de Galicia.
Sinala o difícil de detectar e complicado de demostrar que é o acoso escolar .
Este amarga os anos escolares da vítima e condiciona o seu equilibrio psicolóxico.
Accións fundamentais: Sensibilizar e informar.
As familias teñen moto que aportar xa que son elas as que ofrecen ao seus fillos, fillas os primeiros modelos de comportamento social.
para ler o artigo completo: prensaescuela



Estos dous artigos dannos unha visión do complexa que é a situación de acoso, polo número de implicados na situación que teñen que estar concienciados do problema e remar na mesma dirección, coa mesma actitude para facerlle fronte.