miércoles, 28 de marzo de 2012

Resumo e Comentario do documento de Mª Carmen Delgado


                          O  BLOG  ORIENTACIÓN
                                              Autoría: Mª Carmen Delgado Lendíne 



Neste artigo a autora sinala, a importancia das TICs no mundo da educación hoxe en día. Os orientadores temos que aproveitar as ferramentas que nos ofrecen para chegar de maneira máis eficaz ao alumnado e as súas familias. 
A través do blog pretende incorporar as TICs a labor orientadora, no análise das competencias a desenvolver fala de:

  • habilidades para buscar e obter información.
  • habilidades para transformar a información en coñecemento.
  • habilidades para comunicar a información.
os obxectivos do blog:


  1. Proporcionar ferramentas e información relevante para a toma decisións vocacionais, unha das ventaxas do blog é poder solventar dúbidas puntuais sen necesidade de concertar unha entrevista. Outra ventaxa é a actualización constante da información.
  2. Recopilar recursos, webs, ferramentas para a formación, materiais, etc. relacionados coa orientación e co mundo da educación en xeral. É de utilidade sobre todo se se utliza a subscripción a través das cales podemos recibir as novidades do blog, ben a través de notificacións ao correo electrónico ou mediante as fontes RSS, co conseguinte aforro de navegación.
  3. Pretende proporcionar aos titores, ao profesorado en xeral materiais para a acción titorial: técnicas de estudio, titorías interactivas, materiais sobre as probas de diagnóstico, educación en valores, convivencia. Recurso moi valioso por exemplo son as conferencias en vídeo.
  4. Obxectivo que foise impoñendo pola demanda dos usuarios é facer máis accesible a información acerca de as posibilidades que ofrece o nosos sistema educativo.
Con respecto a información que nos dá en este blog, paréceme amplia articulada é moi ben organizada sobre todo para os principiantes no tema dos blogs, de moita utilidade en xeral para toda a comunidade educativa.
A valoración que fai da falta de tempo, diversidade e amplitude de contidos dentro do mundo da orientación estou toalmente dacordo.
Salientar que o último comentario sobre a necesidade de fomentar o traballo colaborativo creo que é unha reflexión moi importante. 
Penso que é un paso máis avanzado, cando xa ti tes o blog estruturado e dinámico pero un paso importante é moi enriquecedor non só para os recursos materiais, senón é fundamentalmente para o apoio interpersoal nun frente común como é a abordaxe de tantos eidos que abarca o departamento da orientación dun centro.