Tras numerosos estudos sobre o Trastorno do Espectro Autista, sábese que as nenas, teñen máis probabilidades que os nenos de compensar e invisibilizar as súas condutas. O que dificulta para ver os síntomas do trastorno.
É necesario facer máis investigación sobre diagnóstico do TEA nas nenas e que se produza unha desmasculinización do proceso diagnóstico, para que vaian desaparecendo a asociación a outros trastornos como poden ser trastornos da personalidade, ansiedade, ou depresión, mesmo Trastorno por Déficit de Atención e/ou Hiperactividade ( TDAH),…; e mesmo que desapareza a etiqueta ou o concepto de “raras” deixando de lado a invisibilidade que lles persegue.Imagen de lisa runnels en Pixabay
Indicacións para observar o comportamento e que poden suxerir un Trastorno TEA nas nenas e adolescentes.
1. A túa filla depende doutros nenos (xeralmente os seus amigos) para que a guíen e falen por ela durante todo o día na escola.
2. A túa filla ten intereses «apaixonados» e limitados que son moi específicos e limitados.
3. Estilo de pensamento ríxido, inflexible.
4. Perfeccionismo e alto nivel de autoexigencia.
5. A túa filla ten hipersensibilidad ou hipersensibilidad. Reacciona a certos ruídos, luces brillantes ou cheiros fortes.
6. As conversacións da túa filla limítanse aos seus temas de interese. Non lle interesan os dos outros.
7. A túa filla ten problemas para controlar as súas emocións.
8. Predominan problemas emociones de ansiedade ou depresión e medo. Está ansiosa, tensa, ten cambios de humor e unha tendencia depresiva.
9. Se senten máis felices en casa que noutros ambientes, porque é a súa zona de confort.
10. Mutismo selectivo (deixa de falar en determinadas situacións ou con determinadas persoas).
11. A túa filla ten dificultades para facer ou manter amigos. Tamén pode ter dificultades para imitar comportamentos sociais. Poida que non vista á moda, adoita estar máis asociado á comodidade ou práctica e aspectos sensoriais.
12. Na súa adolescencia, á túa filla resúltalle cada vez máis difícil comunicarse cos demais, mesmo se parece que se desenvolve de maneira normal como calquera outra nena (os estudos demostran que as nenas con autismo poden atopar maneiras de manexar e enmascarar as dificultades na interacción social).
https://www.bloghoptoys.es/autisme-como-diagnosticar-mejor-a-las-ninas/
https://faros.hsjdbcn.org/es/articulo/reinas-camuflaje-ninas-trastorno-espectro-autismo-tea
No hay comentarios:
Publicar un comentario