jueves, 29 de junio de 2017

Razóns polas que buscar alternativas á repetición de curso

Nas avaliación finais aparece o tema da repetición, un tema controvertido. Recollo nesta entrada algunhas ideas que considero significativas sobre o tema 

O artigo de El PAÍS : "Repetir curso nin se mellora, nin se aprende máis". comenta ideas como : en España temos un número elevado de repetidores, é un dos lastres do sistema educativo. Alberto Arriazu, presidente da federación de directores de instituto Fedadi sinala: "Na educación nada é branco ou negro, pero a repetición non funciona a maioría das veces. Crese que os alumnos se van a esforzar máis, pero ao curso seguinte suspenden as mesmas materias ou máis, se desmotivan".
"Que os estudantes repitan é un fallo do sistema, non dos estudantes", destaca Andreas Schleicher, director de Educación da OCDE e principal impulsor do informe PISA. 
Aínda con coñecementos idénticos, aos 15 anos os fillos de familias con poucos recursos teñen unha posibilidade ata cinco veces maior de repetir anteriormente que aqueles con unha situación socioeconómica media-alta, segundo o último informe PISA
"A cuestión non é suplantar a repetición con promoción automática, senón dar aos alumnos os recursos que necesitan e aos profesores a confianza para que iso sexa posible", considera Schleicher.

Nesta infografía recollo parte do artigo do Politikon : "Cinco razóns para acabar coa repetición"




Ante estas razóns recollo da entrada "Repetir: volver a la casilla de salida"de José García Blas  varías formulacións de partida que sinala:
1.   A avaliación é un parte do proceso educativo. A visión de mellora debe ir dirixida ao conxunto do sistema, entón as medidas que se poñan en marcha deben ter un visión preventiva e proactiva.
2.   Colaboración Docente e Investigación. Non se trata de máis profesores para facer o mesmo, senón máis profesorado para facer unha organización diferente, desenvolver programas creativos e axustados a cada realidade,
3.   Repensar A Atención á Diversidade. Atender á diversidade implica moito máis que programar para uns poucos alumnos. É un feito constatado: cando se reducen as barreiras de todos, o resultado é o aumento da participación e logros xeneralizados.
4. Variar a idea de reforzo escolar e entender que os acompañamentos para aprender máis e mellor teñen fortes compoñentes emocionais nos que as familias  e a comunidade son axentes esenciais.
5.   Modificar elementos da cultura organizativa escolar como por exemplo a concepción da aprendizaxe: Como unha acumulación  de coñecementos. Como unha sucesión de informacións e destrezas que hai que adquirir de forma lineal. Como unha sucesión de capacidades e maduración que se van dando a mesma idade. 


ligazóns relacionadas
la no promoción de curso ¿un dilema que se repite cada año?

No hay comentarios:

Publicar un comentario