sábado, 12 de noviembre de 2016

Recomendacións Pais, Nais ante o acoso

A  reacción de moitos pais que se lle informa do acoso do seu fillo, filla a outro compañeiro é a negación.

Nalgúns casos sospeitan da conduta do seu fillo, filla pero non son capaces de afrontalo e botan a culpa á outra parte dicindo que o provocan. 
Noutras ocasións é unha verdadeira sorpresa para os pais, e a negación débese a que non coñecen ao seu fillo e no querer recoñecer que non saben realmente como é.

Pautas para actuar correctamente cando se da esa negación:

Óscar cortijo autor del libro "como prevenir el acoso escolar"
Cando os responsables do colexio citan aos pais para poñerlles ao corrente, «deben acudir e escoitar o sucedido porque na maioría das escolas, se se segue un protocolo rigoroso, a detección deste tipo de comportamentos está moi contrastada antes de comunicalo aos pais"

Enrique pérez presidente de la asociación española de prevención del acoso escolar (AEPAE) afirma que é mellor:
que non xustifiquen nunca a o seu fillo polos seus actos e que lle fagan responsable. É máis efectivo manter unha escoita activa para indagar que é o que ocorreu e por que, deixando que se exprese.
A familia debe investigar as causas que lle levaron ao seu fillo para actuar así, se é por un motivo puntual ou polas circunstancias do menor. Facerlle entender que os seus actos teñen unhas consecuencias, sen olvidar apoialos nestas circunstancias para favorecer o cambio de conduta e actitud.




Os pais, nais deben facerlles ver que lles preocupa moito o sucedido e que van a estar ao seu lado:  
- Fomentando actividades nas que se traballe en equipo.
- Evitando pensamientos agresivos ou violentos.
- Poñendo límites, cando sexa preciso ao seu fillo.
- Deixando que se frustre cando non poida ser o que el queira.
- Practicando a escoita activa, non empregar só monólogos. 
- Escoitando intentando poñernos na pel del, dela.
- Axudandolle a expresar os seus pensamentos, emocións.
- Facendo vivenzas xuntos nas que experimenten emocións positivas e negativas.
- Falando con eles das nosas experienzas na vida e como as fomos afrontando.    Buscando solucións non violentas, asertivas nas nosas relacións cos demais.
- Promovendo actitudes positivas donde o erro é unha oportunidade de aprendizaxe e de superación persoal. 
- Visualizando con el, ela os valores, respecto que vemos nas nosas accións, nas de outras persoas, compañeiros para sentirse ben cun un memo e ser unha persoa mellor na sociedade.


Cando o seu fillo é a víctima
Non estímule o uso da violencia que empeoraría a situación.
Poñerse en contacto co centro educativo para informar do que está pasando.
Favorecer unha escoita aberta, para que comunique todo o que está pasando.
Manter comprensión para que se sinta arropado, evitando a sensación de vergoña que soen adotar os neos, nenas acosados.
Facilitar a expresión de sentimentos e emocións.   
Observar ao seu fillo, filla como durme, apetito, desgana, nerviosismo.
Falar co profesorado para poñer pautas en común de actuación.
Propoñer estratexias asertivas e ensaie con el, ela as respostas .
Manter a calma e actitude de superación desta situación con determinismo.
Favoreza actitudes para desenvolver a  confianza en se mesmo
Reforce valores de crecemento e superación persoal.
Favorecer ambientes e momentos lúdicos, alegres para compensar os momentos máis difíciles que ten que afrontar.
Fixarse no seu estado de ansiedade, para pedir axuda a un profesional.
Lembre que o apoio máis importante é a familia.

enlaces relacionados:
recomendacións pais, nais ante o acoso: promotores pola paz 
artigo abc.es/familia/padres-hijos/abci-hijo-acosa-imposible-
guia para pais e nais CEAPA acoso
vídeo www.hacerfamilia.com