martes, 6 de mayo de 2014

ESTRATEXIAS AULA PARA TDAH


TRASTORNO DEFICIT ATENCIÓN E HIPERACTIVIDADE

Os alumnos e alumnas con Déficit de atención ou trastorno por Déficit de atención e Hiperactividade teñen dificultades para planificar, organizar e controlar a actividade tanto nas tarefas cognitivas, como no control emocional e condutual.
Os reforzos van encamiñados á metodoloxía e organización da aula.

Entorno
Evitar colocar cerca de ventás e portas para aumentar a atención.

Materiais
Empregar estuches planos, para non ter todo xunto.
Empregar unha axenda o máis sinxela posible.

estratexias metodolóxicas
- As normas da aula deben ser poucas, claras e sinxelas.
- Permitir facer os exercicios do libro sen ter que copiar os enunciados.
- Ter en conta ca grafía vai depender do día.
- Poñer na pizarra tamén información visual.
- Elabora un horario con cada asignatura dunha cor.
- Deseñar actividades moi estruturadas e breves.
- Incluir pautas autoinstruccións :( leo, que teño que facer, como o vou facer, repaso)
- Permitir saídas da aula ordinaria para anticipar contidos.(PT)
- Permitir saídas da clase para calmarse.
- Deixar tempo suficiente para copiar os deberes.

Avaliación
- Asegurar a comprensión das tarefas.
- Poñer os deberes, controis na pizarra ( ou nun espazo ben visible)
- Permitir facer os exames por partes, pregunta a pregunta, deixar máis tempo, con menos actividades.
- Empregar diversas técnias de avaliación :
- Proba oral
- Proba tipo test
- Enunciados curtos,destacar palabras claves dos enunciados,potenciar as respostas orais. Trátase de comprobar que cada obxectivo de varias maneiras.

Conduta
1- Ignorar as condutas a extinguir (selección de condutas)
2-Reforzo das condutas que queremos adoite.
3- Extinción de conduta : pódese empregar sistema de vidas para control da conduta dentro da aula. Por exemplo con gomets e vaise quitando a medida que incumple as normas. Como xa se lle ten esplicado o sitema, cando se lle vaia a quitar unha vida non se lle rifa nen se lle di nada: Hai que ter claro a consecuencia de perder todas as vidas. Pode ser sair da aula.
Facer contratos de traballo. Redactados en primeira persoa :
Eu teño que facer exercicos que me pon a mestra. Cada exercico que remato tacho da lista.Se acabo todos gañarei unha cariña sorrinte e poderei: ir a clase de.... xogar un pouco no ordeador.
Se non remato non gañarei unha cariña e terei que teminarlos...
4- As recriminacións evitar as verbais, manter contacto visual o achegamento nos momentos de desatención para volver a centralo.
5- As recriminacións mellor en privado para favorecer o seu autoconcepto.

Motivación
Identificar os esforzos. Eloxiar.
Ofrecerlle confianza.
Evitar avaliar sempre negativamente.
Proxectar expectativas de futuro.