lunes, 24 de marzo de 2014

PROTOCOLO DETECCIÓN TRASTORNO LECTO-ESCRITOR PRIMARIA



PROTOCOLO PARA DETECCIÓN DE ALUMNADO CON POSIBLES NECESIDADES ESPECÍFICAS PARA UN TRASTORNO DE APRENDIZAXE DA DISLEXIA


En canto a lectura:
-                  Lectura con erros
-                  Lectura correcta pero non automática
-                  Dificultade para conectar letras e sons
-                  Dificultades para descifrar palabras aprendidas
-                  Traspón as letras, cambia o ordé e invirte números.
-                  Lentitude na lectura.
-                  Comprensión pobre.

Na escrita:
-                  Inverte letras, números e palabras.
-                  Confunde dereita e esquerda, escribe en espello.
-                  Dificultades ortográficas.
-                  Non logra organizar os pensamentos; a súa gramática e ortografía son deficitarias.
-                  Ten dificultade para trasladar o pensamento oral a escrito.
-                  Letra ilexible desordenada.

   Na fala :
-                  Presenta dificultade na pronuncia de palabras, invertendo, cambiando sílabas.
-                  Dificultade para nomear figuras.
-                  En ocasións non atopa a palabra axeitada e busca sinónimos, non sempre axeitados.

Dificultades nas matemáticas.
-                  para aprender as táboas de multiplicar.
-                  conta facendo uso dos dedos.
-                  Cústalle o manexo dos cartos.

A coordinación motriz:
-                  Confúndese con facilidade.
-                  Non colle ben o lapis.




Metodoloxía aconsellable para estas Dificultades Lectoras e na Escrita

·       A este alumnado cústalle automatizar as regras ortográficas aínda cas coñeza a nivel teórico.
·       É conveniente ser flexible cando se lles esixa unha correcta ortografía e un axeitado uso dos signos de puntuación.
·       Pedirlle menos cantidade de tarefa para casa, aínda que sen vacilar en poñerlle algún exercicio difícil. Personalizar a Demanda.
·       Escribir e escoitar ( dictado ou apuntes ) poden resultarlle moi difícil.
·       uso de esquemas e gráficos nas explicación de clase favorecen a comprensión e unha mellor funcinalidade da atención.
·       Trátase de que alectura non leve máis tempo ca outro neno ou nena, recortándolle a cantidade a ler.
·       Comprobar que comprende o material escrito que van a empregar, explicarllo verbalmente.
·       Proximidade na ubicación na aula.
·       Emprego da técnica do sobreaprendizaxe, a repetición para reforzar a nova información.
·       Non esquecer darlle copia dos apuntes das leccións e lecturas obrigatorias.
·       Durante os exames darlle tempo suplementario.
·       Permitir o uso do ordeador.
·       Coidar o tipo de letra e tamaño a empregar.
·       Resaltar algúns textos ( os máis longos, complexos )cun fondo de cor.

           
 Eficacia no proceso lector:
Antes :  obxectivo da lectura, hipotesis sobre o contido.
Durante: reelaborar novas hipótesis.
Despois: Comprensión persoal, mediante diálogo co alumno.


bibliografía:
Guía de Dislexia para Educadores. Madrid con la Dislexia.
Actuación en Dislexia de Desarrollo. coordinador Francisco Román Lapuente. Región de Murcia. Consejería de Educación, Ciencia e Investigación 2008
PRODISLEX  protocolos de detección y actuación en Dislexia. Integratek.
Manual de Atención al alumnado con Necesidades Especifícas de Apoyo Educativo derivadas de Dificultades Específicas de Aprendizaje de Dislexia. Consejería de Educación.Junta de Andalucía.