lunes, 24 de marzo de 2014

Protocolo detección Dislexia Educación Primaria

A dislexia considerase unha dificultade específica da linguaxe de orixe neurobiolóxico caracterizada pola presenza de dificultades na precisión e fluidez no recoñecemento de palabras ( escritas) e por un déficit na habilidades de decodificación lectora y deletreo.
A dislexia é un trastorno da aprendizaxe da lectoescritura, de carácter persistente e específico que se da en persoas que non presentan ningún hándicap psíquico, físico nin sociocultural.
A dislexia é unha dificultade específica da aprendizaxe.

Protocolo para detección de alumnado con posibles necesidades específicas para un trastorno de aprendizaxe da dislexia na Educación Primaria

En canto a lectura:
-                  Lectura con erros
-                  Lectura correcta pero non automática
-                  Dificultade para conectar letras e sons
-                  Dificultades para descifrar palabras aprendidas
-                  Traspón as letras, cambia o orde e inverte números.
-                  Lentitude na lectura.
-                  Comprensión pobre.
-              Dificultade para atopar o vocabulario axeitado cando expón algo. 

Na escrita:
-                  Inverte letras, números e palabras.
-                  Confunde dereita e esquerda, escribe en espello.
-                  Dificultades ortográficas.
-                  Non logra organizar os pensamentos; a súa gramática e ortografía son deficitarias.
-                  Ten dificultade para trasladar o pensamento oral a escrito.
-                  Letra ilexible desordenada.

   Na fala :
-                  Presenta dificultade na pronuncia de palabras, invertendo, cambiando sílabas.
-                  Dificultade para nomear figuras.
-                  En ocasións non atopa a palabra axeitada e busca sinónimos, non sempre axeitados.

Dificultades nas matemáticas.
-                  Para aprender as táboas de multiplicar.
-                  Conta facendo uso dos dedos.
-                  Cústalle o manexo dos cartos.

A coordinación motriz:
-                  Confúndese con facilidade.
-                  Non colle ben o lapis.

A memoria de traballo
-        Dificultades para recordar ordes ou instrucións.



Metodoloxía aconsellable para estas dificultades lectoras e na escrita:

  • ·       A este alumnado cústalle automatizar as regras ortográficas aínda qe as coñeza a nivel teórico.
  • ·       É conveniente ser flexible cando se lles esixa unha correcta ortografía e un axeitado uso dos signos de puntuación.
  • ·       Pedirlle menos cantidade de tarefa para casa, aínda que sen vacilar en poñerlle algún exercicio difícil. Personalizar a Demanda.
  • ·       Escribir e escoitar ( ditado ou apuntes ) poden resultarlle moi difícil.
  • ·       Uso de esquemas e gráficos nas explicación de clase favorecen a comprensión e unha mellor funcionalidade da atención.
  • ·       Trátase de que a lectura non leve máis tempo ca outro neno ou nena, recortándolle a cantidade a ler.
  • ·       Comprobar que comprende o material escrito que van a empregar, explicarllo verbalmente.
  • ·       Proximidade na situación na aula.
  • ·       Emprego da técnica do sobreaprendizaxe, a repetición para reforzar a nova información.
  • ·       Non esquecer darlle copia dos apuntamentos das leccións e lecturas obrigatorias.
  • ·       Durante os exames darlle tempo suplementario.
  • ·       Permitir o uso do ordenador.
  • ·       Coidar o tipo de letra como ex.: Arial, Helvética, Verdana. O tamaño (14 primaria e 18 puntos para Educación Infantil.
  • ·       Resaltar os textos ( os máis longos, complexos) cun fondo de cor ex: crema, tamén as probas escritas.

 Actiivdades para mellorar a eficacia no proceso lector:
Antes da lectura:  falar sobre o obxectivo da lectura, hipóteses sobre o contido.
Durante a lectura: reelaborar novas hipóteses.
Despois da lectura: Comprensión persoal, mediante diálogo co alumno.


bibliografía:
Guía de Dislexia para Educadores. Madrid con la Dislexia.
Actuación en Dislexia de Desarrollo. coordinador Francisco Román Lapuente. Región de Murcia. Consejería de Educación, Ciencia e Investigación 2008
PRODISLEX  protocolos de detección y actuación en Dislexia. Integratek.
Manual de Atención al alumnado con Necesidades Especifícas de Apoyo Educativo derivadas de Dificultades Específicas de Aprendizaje de Dislexia. Consejería de Educación.Junta de Andalucía.


Trastorno lecto-escritor Protocolo Alumnado Infantil

Protocolo detección de alumnado de Educación de Infantil con posibles necesidades específicas para un trastorno na lectura
Aínda co diagnóstico definitivo da dislexia non se pode establecer ata que o niño non teña adquirido os mecanismos madurativos que lle permitirán ler, antes dos seis años poden aparecer factores de risco.
A presenza dunha deficiente conciencia fonolóxica sempre debe de ser considerada como o principal factor de risco do futuro disléxico antes dos seis anos, xunto con outros factores:
  •  Atraso na adquisición da linguaxe
  •  Desenvolvemento lento da fala.
  •  Problemas de pronunciación e persistencia de dislalias.
  • Dificultades para adquirir o alfabeto.
  • Problemas para realizar rimas simples.
  • Confusións na denominación das letras.
  • Confucsións na denominación de números.
  • Dificultade para establecer a asociación entre letras e sons.
  • Dificultade para categorizar sons.
  • Problemas para aprender rutinas como os días da semana, o nome das cores a letra das cancións.
  • Torpeza motriz.
  • Desorientación espacial.
  • Confusión no vocabulario que ten que ver coa orientación espacial.
  • Presenza de antecedentes familiares deDislexia.
  • Trastornos de conduta, manifestacións de ansiedade.





Identificar nivel de conciencia fonolóxica no último nivel de Educación Infantil con actividades como:

  • Tarefas de sínteses ( se di a palabra separada en sílabas e o neno/a ten que dicir a palabra completa )
  • Golpeo silábico
  • Categorización do son (identificar que palabra non soa igual cas outras nun grupo de palabras 3-4)
  • Tarefas de rima ( dicir palabras que empezan ou acaban igual )
  • Identificación do fonema inicial ( presentáselle 3 ou 4 debuxos dicíndolle a vez o nome de cada un e pídeselle que sinale cal empeza por unha palabra dada)
Pode servirnos como orientación inicial para levar un seguimento ante unha sospeita de posible dislexia do desenvolvemento o coñecemento de:

Nenas, nenos que ao entrar no colexio presentan:
1. unha adecuada habilidade verbal.
2. Baixa conciencia fonolóxica.
3. Nivel intelectual e outras capacidades cognitivas normais.

Nenas, nenos que procedentes de niveis socioeconómicos baixos presentan:
1. Un atraso nas habilidades pre-lectoras.
2. Presentan atraso non só nas habilidades fonolóxicas, senón tamén na linguaxe oral.
3. O que fai que aínda que sexan capaces de adquirir axeitadamente as habilidades de lectura de palabras, a súa habilidade para comprender poida verse afectada polo seu baixo nivel de habilidade xeral.

Nenas, nenos que teñan unha alteración xeral da linguaxe:
Estes nenos, nenas requiren unha atención diferente daqueles que presentan só unha dificultade fonolóxica.


Bibliografía:
Guía de Dislexia para Educadores. Madrid con la Dislexia.
Actuación en Dislexia de Desarrollo. coordinador Francisco Román Lapuente. Región de Murcia. Consejería de Educación, Ciencia e Investigación 2008
PRODISLEX  protocolos de detección y actuación en Dislexia. Integratek.
Manual de Atención al alumnado con Necesidades Especifícas de Apoyo Educativo derivadas de Dificultades Específicas de Aprendizaje de Dislexia. Consejería de Educación.Junta de Andalucía.











miércoles, 26 de febrero de 2014

Aprendo a Coñecerme







Actividade que presenta unha selección de caricaturas con distintos estados emocionais, que serve de axuda para reflectir os propios sentimentos. 
O que permite aos alumno/as reflexionar sobre se mesmo, sobre a súa imaxe, e cómo pensa que o ven os outros.

recompilado de orientafer.blogspot.com



lunes, 27 de enero de 2014

xornadas TDAH

XORNADAS DE  TDAH
24-25 xaneiro 2014. Cangas do Morrazo.Pontevedra.
Estivemos nesas xornadas é deixamos aquí un pequeno resume do escoitado e aprendido.

TALLER DE PRIMARIA  
O neno/a con este trastorno ten
Necesidade de Monotorización para guiar as súas actividades, e ánimo para a constancia, esforzo.
Autoinstruccións no seu pupitre, para desenvolver a tarefa. 
Parada ou descanso, para atención mantenida: explicación 20 minutos parada 2 minutos.
Manifestacións na Aula do TDAH
  1. Conduta
  2. Atención
  3. Organización
  4. Deberes
  5. Autoestima
exemplo de actividade positiva para facer na aula:
TEÑO UNHA CITA
1- Instruccións concretas .   facer un reloxio que ocupe todo a folla e teña todas as horas.
2- cita a cada hora cun compañeiro.para contestar verdadeiro ou falso as cuestións dun tema ; pode ser antes de empezar como ideas previas ou ao rematar para reforzar.
para:
- repaso exames
- a necesidade de movemento queda cuberta.
- evitanse preguntas individuais.
- para coñecementos previos.
- para afianzar coñecementos despois dunha explicación.
PEQUENO GRUPO 2-4
FAVORECER GRUPOS HETEROXÉNEOS.
en pequenos grupos 2 a 4 persoas.
en esa parada teñen que facer dúas preguntas sobre a explicación dada.
aproveitamos para valoración positiva ( AUTOESTIMA )

          FAVORECER  AUTOESTIMA     

  • - Recoñecer Erros nosos diantedeles, para sevirlle de modelo.
  • - Crear vínculos.cambiar el “ser por el estar” es un desordenado por está mesa está desordenada.
  • - Axuda a coller rutinas.
  • - Necesidade de ánimo para iniciar a tarefa. venga imos empezar, xa verás como sae ben.
  • - Ton de voz coidalo ( non perdamos o control da situación)
  • - Correcións individuais.
  • - Destacar o positivo do que fai, este consíguese se poñemos pequenos logros.
  • - Tarefa onde saibamos que pode facela ben, e a partires de ahí subir o nivel de dificultade.
  • - Crear metas ou expectativas “xa verás mañá saírache mellor, vas conseguilo ….
  • - Coidar imaxe dentro do grupo.
  • - Destacar o positivo da súa personalidade, soen ten un interse polos demáis, preocupación e son moi cariñosos, afectuosos.
  • - Pensar na estructuración do material dentro da aula, se é moi ríxida, se deixamos movemento, tamén como distribuimos o tempo.(momentos de descanso)
           
              ESTRATEXIAS   CONDUTA           
  • - Normas Básicas e clara ( Poucas!!) por exemplo  Respecto ( aos compañeiros, adultos) e Confiaza ( non contar cousas do grupo, entiendo o que me din en positivo).
  • - Utilizar o “Ser” e non “Estar”. esta mesa está desordenada en vez de és un desordenado.
  • - Señal privada para que non se lles escape nada,cando están desatentos, axuda isto se xa temos complicidae, vínculo co alumno.
  • - Para evitar o enfrontamento cambia o teu pensamento ( esperar que este menos tenso, para razoar con él)
  • - Encima da mesa só o que interesa.( recordarllo ao alumno)
  • -Truco do almendruco/ senso común … se o vexo moi alterado mandalo recoller , ir aún recado. Tamén aos inatentos así reactivanse.
  • Darlle reforzo positivo; tamén para mellorar a súa imaxe diante do grupo.
             PAUTAS CONCENTRACIÓN    /  ATENCIÓN     /   MOTIVACIÓN
  • - Motivación a través de pequenos logros.
  • - Recordarlle as datas de avaliación.
  • - Darlle consellos na avaliación.
  • - Reducir número de preguntas por follas.
  • - Traballar antes cos mesmos formatos do
  •             exame.
  • - Exames cortos e frecuentes.
  • - Supervisar que complete todo o exame.
  • - Non por todas a preguntas de desarrollo, nos exames.
  • - Apoio no momento exame : dudas do enunciado, poñer en negrita as palabras clave.

  • taller de primaria 
  • dirixido por ANHIDA.Coruña.
A conferencia Carolina Castellano Vilafañe.  CADE Madrid.
centro de atención a diversidade educativa. www.centrocade.com

Falounos da intelixencia executiva:
 "organiza todas las demás inteligencias y tiene como objetivo dirigir bien la acción (mental o física) aprovechando nuestros recursos cognitivos y emocionales"(J.A. Marina).                                             


 FUNCIÓNS EXECUTIVAS  

Características que sobresaen no comportamento, polo déficit nas funcións executivas
Iniciación da tarefa- na mesa “ venga vamos a empezar a tarefa…”
Flexibilidade - é ríxido no seu pensamento, cústalle ver alternativas.
Prioridade na información - palabras relevantes nun texto, na pregunta; por iso é importante variar o tipo de preguntas no exame.
Memoria de Trabajo - está si mellora coa medicación- non recorda o que ten que facer, por iso instruccións claras.
Inhibición - por exemplo, busca o seu boli e non é capaz de deixar de buscalo e porse a traballar, non inhibe ese impulso.
Secuenciación - Planificación / organización por iso precisa a monotorización dos seus exercicios, ¿cómo vas?; ¿cómo o estás a facer?non ven os fallos, non teñen feedback  para valorar o que están a facer, para eles están ben así.
Control emocional - moita sensibilidade. Pasan de estar ben a furiosos en pouco tempo. Lían unha e ao rato calmase e volven a liar outra.

viernes, 24 de enero de 2014

Contos Adaptados para alumnos con Déficit Visual



Serie de contos adaptados para alumnos con limitacións visuais.



para acceder  a  páxina pinchando no título

feito por estudiantes de Magisterio de Málaga, subidos por Jose Antonio España Caparrós da ONCE, 
Recompilado dende a páxina do  Equipo Específico de Ciegos y Deficientes Visuales de Granada.

Conto para Mellorar Atención


Conto dirixido para nenos dende educación Infantil ata terceiro de Primaria con actividades para achegar aos nenos estratexias cara a mellorar a súa capacidade atencional e de comprensión cos seus iguais que teñan difcultades para manter a atención.



Recompilado do Blog de Susana Vila Orientación Educativa y Tutoría.