viernes, 11 de diciembre de 2020

Libros Feminismo e visibilización da Muller II

Colección de contos sobre galegas que abriron camiños en diferentes ámbitos onde só estaban homes, conseguindo vencer as barreiras impostas de xénero.


Autor/a Anair Rodriguez Rodríguez
Ilustradora Nuría Díaz
editorial Xerais





Contos sobre situacións que se dan na vida diaria a mulleres ou a nenas e como se poden afrontar dende o empoderamento feminino.
Autor/ a varios
ilustadoras Agustina Guerrero,María Hesse,Ana Santos,Naranjalidad,Lady Desidia,Laura Agustí,Elena PancorboyAmaia Arrazola
editorial Nube de Tinta



Na primeira parte do libro falanos sobre o feminismo como representación da igualdade non de superioridade, na segunda parte fala de coeducación e na terceira parte aborda o tema da relacións chica, chico.

Autora iria Marañón
Editorial: Plataforma editorial

enlace relacionado:familiasenruta.

miércoles, 9 de diciembre de 2020

Lectura fácil: Métodos de redacción e de avaliación

A lectura fácil é unha das solucións que, progresivamente, comezou a implantarse para facer que os contidos sexan accesibles a todos. 

Esta obra pretende recompilar e sistematizar o coñecemento ao redor da lectura fácil e expoñer liñas futuras de investigación. A investigación céntrase en determinar unha definición do concepto de lectura fácil, describir as características dos seus usuarios principais, sistematizar as pautas de redacción de textos en detalle e propoñer métodos de avaliación obxectivos. 

Tamén se expoñen algunhas boas prácticas nacionais e internacionais. Por último, exponse algunhas liñas de traballo a futuro referidas a avaliación con usuarios, deseño de ilustracións e uso de tipografía, entre outros.



Índice
Prólogo de Juan Manuel Moreno  Bonilla, Secretario Xeral do Real
Padroado sobre Discapacidade .................................................. 9
Prólogo de Mariano Casado, vicepresidente de  FEAPS ..............    11
Resumo -                  .............................................................  13
Introducción ........................................................................   15
Capítulo 1. Definición do concepto de lectura fácil.....................    17
Capítulo 2. Referencias lexislativas relacionadas coa lectura fácil.    29
Capítulo 3. Usuarios que se poden beneficiar da lectura fácil......     43
Capítulo 4. Método de redacción de lectura fácil ......................     63
Capítulo 5. Técnicas de avaliación de textos de lectura fácil .......    83
Capítulo 6. Selección de boas prácticas en lectura fácil..............   105
Conclusións  ......................................................................    123
Bibliografía   ......................................................................    129

enlace a publicación : lectura-facil-metodos.pdf

Edita:  

Real Patronato sobre Discapacidad. http://www.rpd.es   

Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad http://www.msssi.es

lunes, 28 de septiembre de 2020

Guía de Acollida Emocional para alumnos con Necesidades Educativas Especiais

O EOE especializado en Trastornos Graves de Conduta e os mestres de Pedagoxía Terapéutica especialistas en TGC da provincia de Almería realizaron esta guía con actividades para a educación Infantil, Educación Primaria e E.S.O..

abarcan tres ámbitos fundamentais :

1. Acollida

2. Actividades de Cohesión Grupal

3. Orientacións a nivel Socio-Emocional


enlace a guía

Recollo algunhas das recomendacións que están na guía para Educación Primaria como:

- Priorizar con este almnos traballo sobre o coñecemento, autoestima, habilidades sociais, intelixencia emocional e funcións cognitivas.

- Rexistro de conduta, tanto para os docentes como para o alumno para que sexa consciente do seu coportamento ao longo da semana.

- Os reforzos positivos moi importantes.

- As actividades realizaranse baseándonos nas necesidades que presenta o alumnado ,  secuenciándose en pasos, coa axuda das  autoinstrucións, flexibilizando a súa duración e complexidade.

- Actividades que se poden traballar para mellorar o seu desenvolvemento socio-emocional :Técnicas de autocontrol ( con apoio visual) , Sesións de relaxación.


miércoles, 3 de junio de 2020

Paso de Educación Primaria a Educación Secundaria

O momento de cambio de Educación a Primaria a Educación Secundaria é un cambio importante na vida do neno, nena posto que ten que acomodarse a unha nova contorna escolar, a cambios nas relacións interpersoais e a cambios na súa propia identidade.


  • Conocer o Centro de Secundaria (IES): a maioría dos  IES elaboran  https://paralaia.net/ explicativos cos horarios, asignaturas, asignaturas de libre elección, espazos, normas de funcionamento. 
  • Manter contacto co Instituto para informarnos de como vai sendo a súa evolución.  É precisa unha entrevista cada trimestre co titor, titora do voso fillo, filla. 
  • Proporcionar expectativas positivas valorando de forma favorable, diferentes aspectos do que vai a vivir nesta nova etapa educativa. 
  • Escoitar a experiencias doutros alumnos que xa están no Instituto de Secundaria.
  • Axudarlle a organizar o tempo de estudo con axenda e rutinas. 
  • Acompañalo nesta nova etapa, onde ten que adaptarse a un novas circunstancias como  maior número de profesores que en primaria, diferentes metodoloxías para as materias. Precisa apoio polas inseguridades que lle podan xurdir e as dificultades que terá que afrontar.
  • O mantemento de hábitos de sono, alimentación e deporte.




enlaces relacionados:

martes, 28 de abril de 2020

Traballo das emocións en tempos de confinamento

Identificar cuándo estamos empezando a estar nerviosos
• Alejarnos, en la medida de lo posible, de aquello que nos está alterando
• Buscar un espacio para poder calmarnos
• Hacer alguna actividad que nos ayude a regular nuestras emociones
• Volver a analizar nuestro estado
• Pensar una solución a aquello que nos hizo estar alterados
Este documento  elaborado polo Colexio Oficial de Psicoloxía  de Galicia, é  unha  introdución  ao  mindfulness e  recolle  unha serie de  orientacións para iniciarse  na práctica  do  mindfulness como  ferramenta útil para ou contexto  estresante  xerado  pola  emerxencia sanitaria  do  COVID-19
Guía de prácticas de Mindfulness ante o estrés 



Esta guía está integrada por 7 prácticas con audios de  mindfulness que podemos realizar tanto en  espazos máis íntimos, no caso  dalgunhas  delas, como en momentos  cotiáns dá  nosa vida diaria, no caso  doutras. Estes audios é necesario  facelas con constancia para que se  convertan  nun recurso. Fortalecelas e  internalizalas para que  poidamos percorrer a  elas nos momentos  do día a día que  as necesitemos.
Enlace aos audios para as prácticas de mindfulness Colexio Oficial de Psicoloxía de galicia

Recollo desde o Colexio Oficial de psicoloxía de Madrid unha pautas para síntomas de ansiedade polo coronavirus covid-19
                                             
                                   enlace a guía para  xestión da ansiedade

  • Tenta poñer en cuestión o que estás a pensar neste momento.
  • Valida as túas sensacións.
  • Podes falar do que sentes.
  • Podes respirar profundamente, con serenidade.
  • Tenta moverte de cando en vez, non esteas moito tempo sentado/a. 
  • Coida e fomenta as relacións sociais. Conversa con familiares e amizades.
  • Focaliza a túa atención en estímulos externos e no que vas facer de maneira inmediata.
  • Tenta manter hábitos de soño e alimentación saudables.
  • Deseña obxectivos sinxelos a traballar durante o día .


Asociación Profesional de Orientadores en Castilla- La Mancha, Apoclam ofrecenos unha recompilación de actividades para o traballo emocional:
           Exercicio: Para namorarte da vida
           Exercicio: A roda da vida
           Exercicio: Crea a o teu "yo" futuro
           Exercicio: Vivir de maneira consciente unha semana
           Exercicio: Atopar a Motivación

 Federación Autismo MadridPautas para reducir la ansiedad de los niños en casa , /Recomendaciones familia ante el estrés



martes, 21 de abril de 2020

Trastorno por Déficit de Atención con/ou Hiperactividade información familias fronte ao confinamento

O confinamento para nenos e nenas con TDAH e para as súas familias soe ser complicado cando estes nenos o que precisan e movemento e espazos amplos polos que moverse para liberar esa enerxía que mostran durante a maior parte do día.
Os nenos e nenas con Trastorno por Déficit de atención con/ ou Hiperactividade mostran moitas dificultades ante os cambios con tendencia a inflexibilidade, irritabilidade e nivel de frustración baixo o que fai que se creen momentos complicados na xestión do seu comportamento na familia.

Para facer o confinamento máis doado
  • É importantes marcar as rutinas cos horarios e normas para autonomía, hixiene ou sono que imos a acordar con el, ela para que teña claro onde se van facer, cando e que consecuencias ten cumplir ou non cumplir o acordado.
  • É necesario marcar un horario con tempo de traballo escolar. 
  • Os tempos de traballo escolar soen ter que estar supervisados polos pais, nais  para marcarlle os tempos de traballo ( 20-30 minutos) e os descansos entre tarefas das distintas asignaturas. Podemos facer un rexistro dos avances conseguidos como reforzo positivo.
  • Sempre é interesante darlle apoios visuais para favorecer a súa comprensión, organización  da tarefa e motivación. 
  • O ambiente onde vai facer as tarefas escolares ten que ser un ambiente tranquilo con poucos factores de distracción.
  • Os xogos de mesa son unha actividade para a aprendizaxe de xeito transversal onde se poñen en funcionamento estratexias cognitivas como : a memoria, capacidade de tempo de espera, atención, cálculo, anticipación de movementos, memoria prospectiva, etc. 
  • Os xogos de movemento, taboa de exercicios co corpo tamén é unha rutina necesaria neste tempo que estamos na casa, a maioría deles soen ir a actividades extraescolares de movemento que agora non poden realizar.
  • Exercicios de relaxación, respiración, son outras das actividades que deben estar presentes no seu horario é preciso que este consesuado o momento no que se van facer.
  • Facilitar que exprese as emocións que sinte para axudarlle na súa autorregulación
  • É importante a comunicación co titor, titora, e si teñen dificultades de aprendizaxe tamén co departamento de orientación para ofrecerlle tarefas secuenciadas, pautas para desenvolver as tarefas.

Enlaces relacionados
EOE en Trastorno Generalizado del Desarrollo: como tengo que trabajar con mi hijo
Redación médica : Mara Parellada, psiquiatra experta en autismo y miembro de la Sociedad Española de Psiquiatría  Autismo, TDAH y Coronavirus
hospital Sant Joan de Déu Barcelona : niños TDAH Y confinamiento
familia y colefolleto -tecnicas -relajacion

lunes, 20 de abril de 2020

Guías: como manter rutinas escolares na casa

Agora que comezamos o terceiro trimestre  é importante revisar como nos organizamos para as actividades que nos propoñen os  profesores, profesoras desde a distancia polo confinamento.

Esta guía  recolle orientacións psicoeducativas para as familias.


enlace a guía recomendacións educativas
Guía elaborada  polo Colexío Oficial de Psicoloxía de Madrid



Outras guías


                                                   Orientacións para proxenitores separados







                                             
Decálogo  Boas prácticas na casa 


 Elaboradas polo Colexio Oficial de Psicológos de Murcia








jueves, 2 de abril de 2020

Trastorno Espectro Autista información para Familias fronte ao coronavirus

A Pandemia que estamos pasar pola crise do Cornavirus  Covid-19 é unha situación excepcional, entre os que atopan máis dificultades están os nenos e as nenas con  Trastorno do Espectro Autista. 
Parte dos síntomas do trastorno do espectro autista consisten en dificultades cos cambios, necesidade dunha realidade predicible e  rutinizada, e un confinamento brusco dificulta a adaptación, esixindo ás familias un esforzo de romper coa rutina previa e incorporar unha rutina completamente nova de golpe. 
As dificultades na regulación emocional e a dificultade para a tolerancia da incerteza son retos particulares para este grupo de persoas con  TEA.
Estas circunstancias alteran a dinámica e a rutina de calquera familia e pode xerar alteracións emocionais ou de conduta nos nenos e nenas cun trastorno do espectro do autismo ( TEA).
Desde o Hospital de Sant de Déu en Barcelona sinalan que o confinamento en casa de persoas con  TEA podería xerar outras alteracións como:
  • Aumento de condutas repetitivas, porque a persoa abúrrese ou por necesidade de  autorregularse.
  • Aumento de condutas disruptivas ou problemas de conduta, ao non entender que non poden saír de casa ou facer as actividades que habitualmente fan.
  • Aumento da  irritabilidad ou a ansiedade, ou o que se coñece como  desregulación emocional.

Estratexias para atender as dificultades que poden presentar os nenos e nenas con TEA
  • Si a persoa con  TEA ponse nerviosa ou se angustia polo contexto do coronavirus, pode funcionar utilizar contos ou historias sinxelas que lle expliquen que está a pasar. 
  • Cando presente angustia ou irritabilidade podemos propoñerlle opcións diferentes para cambiar o foco de atención.
  • Tentar seguir una mesma estrutura e horario utilizando o recurso que mellor se adapte ao teu fillo ou filla. Exemplos: horario con  pictogramas, horario escrito, axenda con imaxes. 
  • É importante marcar unha rutina para momentos de traballo escolar, momentos de lecer e momentos para o movemento... con diferencias entre días da semana e fins de semana.
  • Podemos establecer unhas poucas metas en relación a súa autonomía personal como o lavado de mans, secuencia de sono ,... anotando os avances e os logros. Que se vaian modificando de semana en semana, coidando que se consoliden as anteriores ( modelando, reforzando, insistindo).
  • Precisa dun horario para para tomar conciencia do paso do tempo, engadir motivación e diminuír a tendencia á desidia, apatía e pasividade.
  • Permitir acceso e tempo para condutas de regulación emocional. Xeralmente estas condutas en persoas con  TEA están ligadas á  sensorialidad e axúdalles a estar máis tranquilas, por exemplo: saltar,  movementos repetitivos coas mans, movementos con obxectos, balanceos e outros movementos co corpo, etc.
  • Todo o que sexa realizar movementos pode ser de gran axuda para xestionar o confinamento.
Podemos ver algunhas circunstancias que non teñen que ser negativas como a vantaxe da limitación de esixencia social, de poder organizar un contexto adecuado a nivel sensorial, ambiente controlado dentro do fogar etc.





enlaces relacionados
Equipo Técnico de Orientacion Granada :orientaciones-familias-tdah-y-tgc.pdf
aprendices visuales: Conto José se lava las manos 
autores: Cova Díaz e Nico Ordozgoiti do conto explicativo ¡QUIERO SALIR! .
Artigo País: pasear con os nenos, nenas con autismo
Asociación Asperger Murcia : Programa de Ocio en Cuarentena
Cuentameuncuentoespecial Coronavirus con Pictogramas
Redacción Médica: Estratexias para abordar coronavirus
hospital Sant Joan de Déu Barcelona : información as familias coronavirus

lunes, 30 de marzo de 2020

Recomendacións psicolóxicas pola crise do Coronavirus

Nestas datas de confinamento é importante ter claras algunhas pautas de actuación nas familias para facer máis levadeiro este tempo de estar na casa, procurando ter un ambiente protector e tranquilo.
Déixovos unha serie de recursos para facilitar este momento de estar na casa :
Entrevista a Carlos PAJUELO psicólogo dun equipo de atención temperá, cre que desta experiencia sairán «fillos máis fortes» e ofrece algunhas pautas para facer máis levadía esta corentena ás familias.

  • É necesario establecer rutinas, pero sen pasarse. Non se lles poden encher todas as horas do día de actividades. "Os pais non son animadores socioculturais"
  • Hai que evitar expoñelos a unha  sobreinformación.
  • A mellor frase que se pode pronunciar en casa é: «Mozos, tranquilos, que isto pasará e, mentres pasa, estamos na casa».
  • Tamén importante permitir aos nenos que manteñan o contacto cos seus amigos. E, se se pode, botar man das tecnoloxías. Deixarlles facer videoconferencias, que se conten que están a facer, e falen das súas cousas.
  • É necesario manter a saúde física, pero tampouco obsesionarse.
  • «Nada de pasarse o día en pixama ou en chándal. Hai que estar ben, sentirse ben e coidarse. Aínda que só sexa para saír ao balcón para aplaudir.
  • Este é un bo momento para trasladar valores aos nosos fillos. Un deles, por exemplo, é a solidariedade. Pensar nos demais.
  • Ante situacións difíciles hai que tentar entender as súas reaccións e dar tranquilidade aos fillos.
                           

O colectivo de psicólogos de Madrid dan unhas recomendacións para explicarlle aos nenos o brote de Coronavirus

  • Non ignorar os seus medos ou dúbidas.
  • Utilizar unha linguaxe adaptada á súa idade do menor e aos seus coñecementos.
  • Entender que se non llo explicamos ben recorrerán a argumentos  fantasiosos para compensar a falta de información.
  • Falar con frecuencia sobre o tema pero sen saturarlles con demasiada información.  Normalizar que se fale sobre iso sen que sexa  un tema tabú.
  • Promover espazos de encontro para a comunicación con eles onde sentan seguros e tranquilos para expresar, escoitar e preguntar
  • Evitar facer referencia ás persoas que están moi enfermas ou faleceron
  • Ser honestos e evitar longas explicacións, respondendo as súas dúbidas ou medos que poidan ter.
  • Transmitir que poden expresar as súas dúbidas e confiar en nós.
  • Se non temos todas as respostas, ser sinceros, quizais podamos buscar respostas xuntos.
  • Usar debuxos ou representacións gráficas sinxelas para explicar como se produce o contaxio (por exemplo, que naceu en China, que lle gusta moito viaxar, e que de momento, Italia e España son dous países que lle gustan moito,..).
Para os pais e nais : 
  • O máis importante é manter a calma, e saber manexar a tensión.
  • Vixiar as nosas conversacións con outros adultos, ou doutros adultos, os nenos e nenas escóitannos e perciben o noso medo.
  • Non alarmarse nin estimular ao medo.  Ser realista, a inmensa maioría das persoas están a curarse.
  • Protexerlles de toda a información que poida pode ocasionarlles malestar e preocupación porque poden non interpretar ben a información. 
  • Dar seguridade sobre o estado de saúde dos adultos da súa contorna, por exemplo os avós, informarlles que saben protexerse e coidarse.  Se adoitan ver a outros familiares con frecuencia e debido ao virus diminuíron as visitas promover contactos virtuais.




Enlaces relacionados






viernes, 20 de marzo de 2020

Contos e Indicacións para explicar a nenos e nenas que é o Coronavirus

Nestes días que son tan diferentes para os nenos e nenas da rutina habitual, eles precisan explicacións do que está a pasar.
O conto "Rosa contra o virus", publicado por Editorial Sentir, en colaboración co Colexio Oficial de Psicoloxía de Madrid e polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Cataluña. 
O obxectivo principal deste conto é poder explicar aos máis pequenos, da forma máis sinxela e clara posible, que é un virus e xestionar as súas emocións. Por iso, é importante que o menor se sinta acompañado na lectura deste conto. Ao final podes atopar un apartado de recomendacións para adultos.


                              enlace para a súa descarga

Outro conto que explica aos nenos que é o coronavirus e ensina medidas de protección fronte ao coronavirus 


                                          enlace para su lectura

Autora: María Coco Hernando
Ilustración e deseño: Sara Ramírez Sáez
Corrección: María Rodríguez Coco  

A psicóloga e educadora social, Elena San Martín Suárez indica unha serie de consellos para longos períodos dentro de casa con motivo da pandemania do coronavirus.


                                                  enlace para a súa descarga


Enlaces relacionados co coronavirus :

Faros Sant Joan de Déu Barcelona : 

    como explicar aos nenos, nenas os motivos do illamento e corentena

Asociación Española de pediatría :
Decálogo para familias frente ao coronavirus

ARASAAC 
Síntomas, rutinas e prevención 

jueves, 13 de febrero de 2020

Protocolo para a intervención psicoeducativa da Dislexia e/ou outras Dificultades Específicas da Aprendizaxe

A competencia en lectura e escritura é unha das oito competencias  clave que establece a recomendación do Consello da Unión Europea do 22 de maio de 2018.
É tal a importancia do desenvolvemento adecuado dos procesos lector e escritor, tamén do cálculo, que o seu desaxuste, como ocorre no caso do alumnado con dislexia e/outras dificultades específicas da aprendizaxe , ocasiona problemas moi diversos, desde os relacionados coa propia autoestima ata os que teñen que ver co proceso de aprendizaxe e, polo tanto, co desenvolvemento do currículo. E isto afecta ao alumnado, as súas familias e ao propio profesorado.






Índice :

  1. Introdución 
  2. Delimitación conceptual da dislexia e/outras dificultades específicas da aprendizaxe.
  3. Identificación da dislexia e/outras dificultades específicas da aprendizaxe.
  4. Intervención psicoeducativa do alumnado con dislexia e/outras dificultades específicas da aprendizaxe.
  5. Avaliación curricular do alumnado con dislexia e/outras dificultades específicas da aprendizaxe.
  6. Seguimento da intervención psicoeducativa do alumnado con dislexia e/outras dificultades específicas da aprendizaxe.
  7. Recursos TIC paraa intervención psicoeducativa do alumnado con dislexia e7outras dificultades específicas da aprendizaxe.
  8. Referencias bibliográficas sobre a dislexia e sobre outyras dificultades específicas de aprendizaxe e a súa identificación.
  9. Anexos 


enlace para a súa descarga
https://www.edu.xunta.gal