Na entrevista que recolle Tiching, a Xavier Gimeno doutor en Pedagoxía e profesor titular de pedagoxía aplicada na universidade UAB.
Este fai unhas afirmacións moi interesantes cara a planificar e diseñar as relacións coas familias dende a escola, estas son algunhas :
- O entorno familiar participa de forma activa ou pasiva na crianza. Todo inflúe na estrutura neuronal, cultural, social e educativa do alumno. Hai que acompañar as familias sobre todo nos primeiros anos.
- As veces temos a tendencia a pensar que o respecto na crianza é permitir ao neno, nena que faga o que queira, cando queira e onde queira. Desta forma estamos atendendo ás súas demandas, non atendendo as súas necesidades.
- A min gústame falar máis que de crianza respetuosa, de crianza responsiva, esta é diferente de estar subxugado ao que o neno quere en dada momento.
- Winnicott di que unha nai boa atende as demandas do seu fillo, filla, e que unha nai suficientemente boa atende ás súas necesidades. Estudos posteriores de seguimento destes procesos revelan que fillos, fillas de nais boas adoitar ter dificultades de socialización, de xestión da frustración e moi a miúdo convértense en pequenos tiranos. Por contra os fillos, fillas de nais suficientemente boas son persoas sociables, felices e contextualizadas.
- Cando detectas que as familias non están cómodas dentro do centro educativo é que algo non funciona. Pais e nais deben comprender que fan os seus fillos, fillas na escola e atopar o sentido de todo aquilo que fan tanto os adultos como os alumnos.
Para facilitar a comunicación e o entendemento, entre familia e escola Sara Arranz dá, entre outras, estas ideas:
Explicar as expectativas para o curso escolar. Aclarar a metodoloxía que se emprega e o curriculo que se vai a ensinar, aprender neste cuso. Envíar fotos o vídeos para que a familia estea informada do que ese está a facer. Ter uns minutos para chamar a familia. Invitar as familias a participar en talleres, entrevistas, exposicións. Compartir con eles momentos positivos, atopar un momento para unha sonrisa.
enlace a entrevistas completas:blog.tiching.com, ideas-para una-relacion-de-calidad-con-las-familias/
Artigos, Publicacións, Materiais, Enlaces, Webs relacionados co Profesorado, Titoría e a Orientación a maioría para Educación Infantil e Primaria. Entradas e Recursos para as Familias desde a Etapa Infantil ata a Adolescencia
miércoles, 15 de junio de 2016
miércoles, 8 de junio de 2016
Xa vou para o Instituto
Recollo este traballo , os alumnos, alumnas de 1º da ESO que logo de estar un ano en secundaria explican aos alumnos, alumnas que veñen ao instituto para o curso próximo, como foi a súa experiencia de chegada, adaptación e integración no instituto.
Desde o blog convivencia e orientación en perillo da orientadora Lourdes Otero.
Cinco Usos Educativos dos Mapas Conceptuais
Comparto infografía de aula planeta, onde se explican usos educativos dos mapas conceptuais. Os mapas conceptuais son ferramentas de uso na aula, axudan a sintetizar, relacionar, categorizar elementos de maneira gráfica, a forma de presentación visual favorece aos alumnos, alumnas a compresión de conceptos.
deixovos un enlace
déixovos unha ligazón relacionada con xogos para facer mapas conceptuais
enlace ao artigo completo da infografía: www.aulaplaneta.com
deixovos un enlace
déixovos unha ligazón relacionada con xogos para facer mapas conceptuais
enlace ao artigo completo da infografía: www.aulaplaneta.com
viernes, 3 de junio de 2016
TDAH no cine
Películas que reflexan nenos, nenas, mozos, mozas con condutas inquedas, traviesos, impulsivos, .... a visualización destas películas en familia ou na aula vai favorecer falar sobre o tema para:
- Aprender a respectar formas diferentes de comportamento
- Respectar diferenzas na forma de abordar os problemas
- Visualizar e poder identificarse con protagonistas
- Relativizar as condutas, valorar aspectos positivos da persoa
- Afrontar situacións conflictivas doutra maneira
Estas son algunhas das que hai:
Daniel, el travieso
mostra a facilidade para meterse en conflitos, lios que ten o protagonista desta serie e tamén película.
Mommy (2014)
"unha nai que trata de educar a os seu filo adolescente" con tdah.
Percy jackson y el ladrón del rayo (2010)
exemplo de traballo en equipo e ganas de superación.
series como
Modern family mostran perosaxes con características de inquietude, impulsivide tratados de maneira natural e aceptado polo outros membros da familia.
los Simpsons co seu protagonista Burt Simpsons.
enlaces relacionados:
marinamartinsanpsicologa.
www.tdahytu.es/tdah-en-el-cine/
cine e valores amnistiacatalunya.org/edu/pelis/primaria
Suscribirse a:
Entradas (Atom)