Artigos, Publicacións, Materiais, Enlaces, Webs relacionados co Profesorado, Titoría e a Orientación a maioría para Educación Infantil e Primaria. Entradas e Recursos para as Familias desde a Etapa Infantil ata a Adolescencia
Páginas
▼
sábado, 29 de agosto de 2015
GUÍA PAIS E NAIS CON FILLAS ADOLESCENTES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XÉNERO
A violencia de xénero está presente en toda a sociedade, ten a súa raíz no machismo, na desigualdade que se perpetua na sociedade xeración tras xeración a través de moitas vías: cultura, moda, música, cine, literatura, publicidade, ... un problema incluido en todas as capas sociais, tamén nas máis novas.
Esta guía nace da experiencia de atención a mozos, mozas, nais e pais, dentro do programa de Atención Psicolóxica a mulleres menores de idade, vítimas de Violencia de Xénero en Andalucía. Esperando sirva a outras familias de ferramenta para afrontar a violencia de xénero que sofren as súas fillas, axudando a pais, nais na difícil tarefa de "rescatar" a súa filla desta dañina situación, así como server de guía a profesionais que poidan atoparse con esta problemática na súa vida profesional. Índice: Introdución Violencia de Xénero Adolescencia Detección Posibles situacións Reaccións de Nais e Pais Como actuar se a vosa filla se decidiu a contarvos o que pasa Primerios auxilios psicolóxicos Estratexias para apoiar a recuperación Vulnerabilidade. Recaídas. A familia que se implica Recursos para Ampliar
No hay comentarios:
Publicar un comentario