lunes, 5 de junio de 2017

Si o alumno aprende a nota é o de menos

Dolores Neuss explica nesta entrevista cales son os retos que afronta o sistema educativo á hora de avanzar cara a un modelo de avaliación, que en vez de limitarse a cualificar, capacite aos estudantes.

Avaliar é moito máis que por unha nota ao final do trimestre.
A avaliación debería ter 3 elementos: detectar os problemas do alumno, entendelos e tomar decisións para axudarlle a mellorar. Se te fixas, ningún destes elementos é a nota".
Dicir se un alumno é competente cun 3,8 ou un 5,6 non ten ningunha coherencia, pero con catro niveles de logro, que ademais se corresponden cos niveis da rúbrica, pois tal vez ten máis. 
Pódese personalizar máis a aprendizaxe, facer titorías en que expresen como son, que necesitan os alumos e alumnas. 

 
                                                     
Existe a percepción errónea de que somos os profesores os que corriximos: levámonos os exames a casa para corrixir? Mentira! O que facemos é detectar problemas! Corrixir só pódeo facer quen se equivocou. Axudar ao alumno para corrixir é o gran reto. Hai escolas onde os alumnos fan os informes para os pais, dinlles que aprenderon, e a mestra despois repásao e di se está de acordo ou non.
Exames si, por que non? Serven para que o mesmo alumno e o profesorado comprobe que aprendeu, sempre que sexan preguntas onde se teñan que poñer en práctica competencias, aplicar o novo coñecemento... 
O exame debe ser coherente con isto, se é só memorístico non ten sentido.
E hai que facelos cando creeamos que os nenos están preparados, e non o día que toca.

Neus Sanmartí catedrática e profesora emérita do Departamento de Didáctica da Matemática e das Ciencias Experimentais da UAB.

Entrevista completa no eldiariodelaeducacion

Enlace relacionado: slideshare :evaluacion-del-aprendizaje