martes, 27 de junio de 2017

Entrevista a Coral Elizondo : Inclusión Educativa

Recollo algunhas das ideas propostas para a inclusión nos centros nesta entrevista Coral Elizondo.
"Para facer inclusión, na programación de aula, ten en conta a todo o alumnado para non facer adaptacións despois"
Cando falabamos de integración falabamos dun modelo baseado no déficit, no que o neno non sabe facer. Entón aparece o PT (pedagogo terapeuta), Non sabes facer isto na aula, sácoche. Ese era o modelo de integración de finais dos 80.
O modelo de inclusión é social, non temos que fixarnos no que o neno non pode facer. Fálase non de persoas discpacitadas senón de contextos discapacitantes.

Nun modelo inclusivo, equitativo o PT entra na aula.
"Pero non para sentar á beira do neno con dificultades senón, para entre os dous, dar unha resposta a todo o alumnado." Non me apoia a min como profesora, apoiamos entre os dous a todos os alumnos.


Tería que haber nos colexios un profesor de máis por cada tantas unidades, e ese profesor sería o apoio á inclusión, pero para todo o alumnado.
Falando dos centros preferentes ( TEA, Motóricos) o normal sería que os nenos pasasen a maioría do tempo na aula de referencia co seu titor, os seus amigos.

En prácticas inclusivas hai moita formación. Trabállase moito o ABP, o traballo cooperativo, aprendizaxe colaborativa.
Con respecto ao cambio na Metodoloxía Imos facer que traballen de forma colaborativa, a fomentar as interaccións dialógicas e a cambiar a cultura da avaliación. Permitamos que reflexionen. Que aprendiches hoxe? Como poderías mellorar?



Entrevista feita por Daniel Sánchez Caballero 25/05/2017  eldiariodelaeducacion.com