domingo, 4 de diciembre de 2016

Intervención inicial co alumnado que presenta condutas inadecuadas


O texto describe métodos, procedementos e técnicas para fomentar a boa convivencia,  ponse o acento na participación activa de toda a comunidade educativa no funcionamento dos centros educativos.


enlace ao documento
Índice:
Que son muíños non xigantes
O persoal é político
A ORGANIZACIÓN CREATIVA DA ESCOLA
BANCO DE HORAS
COMISIÓN DE CONVIVENCIA
CRITERIOS PARA A ASIGNACIÓN DO PROFESORADO
VARIOS PROFESORES NA AULA
ORGANIZAR As MATERIAS EN ÁMBITOS
CRITERIOS PEDAGÓXICOS PARA A REPARTICIÓN DO ALUMNADO
CREACIÓN DE ESPAZOS PARTICIPATIVOS
COMISIÓNS MIXTAS
Metodoloxías Inclusivas na aula
Desenvolvemento social e persoal
MINDFULNESS NA AULA
PROGRAMAS DE INTELIXENCIA EMOCIONAL
IOGA
RELAXACIÓN MUSCULAR PROGRESIVA
RESPIRACIÓN DIAFRAGMÁTICA
RELAXACIÓN EN IMAXINACIÓN
MUSICOTERAPIA
ARTETERAPIA
ARTEMEDIACIÓN
Modificación e Contención  da Conduta
ECONOMÍA DE FICHAS
INTENCIÓN PARADÓXICA
TEMPO FORA
PRINCIPIO DE PREMACK
PROCEDEMENTOS OPERANTES
Xestión da Convivencia
ALUMNADO VIAXEIRO
AULA DE TRABALLO INDIVIDUALIZADO
COMPROMISOS DE CONVIVENCIA
AULA VIRTUAL E SOLIDARIA
SERVIZOS CON ENTIDADES COLABORADORAS
PATRULLA DA PAZ
CÍRCULOS DE CONVIVENCIA 
MEDIACIÓN ENTRE IGUAIS
AULA DE CONVIVENCIA
ALUMNADO AXUDANTE
TITORÍA COMPARTIDA
SERVIZOS Á COMUNIDADE
RECUNCHO DA PAZ
COHESIÓN DE GRUPO
INCLUSIÓN DUN FAMILIAR NA AULA 

Os programas de Intelixencia Emocional ou Habilidades Sociais, e as técnicas de control das emocións, non son un tratamento para abordar as condutas inadecuadas para a aprendizaxe, nin sequera son un tratamento preventivo para
evitar conflitos e ter así un bo clima de aula. Estes programas e técnicas, e o desenvolvemento social e persoal do alumnado en definitiva, van máis aló diso porque constitúen a aprendizaxe previa necesaria para incluír a xestión das emocións como unha ferramenta máis que mellore a aprendizaxe do alumnado. E porque nos permiten ademais abordar este como un proceso que afecta á totalidade da persoa que aprende.
O desenvolvemento social e persoal non ten sentido individualmente, senón no grupo clase ou máis aló aínda, desde unha perspectiva de centro ou de comunidade social e, aínda que dentro das medidas e actuacións que vos presentamos algunhas son susceptibles de abordarse cunha persoa en concreto e en momentos puntuais, o desenvolvemento social e emocional do noso alumnado non é unha opción máis, senón que resulta imprescindible
para todos os docentes na tarefa de construír unha profesión na que o profesorado é creador de situacións de aprendizaxe, e non un mero transmisor de contidos.



A Delegación Territorial de Educación en Granada, a través do Equipo Técnico Provincial para a Orientación Educativa e Profesional, a área de Apoio á Acción Tutorial e á Convivencia e o Gabinete de Asesoramento para a Convivencia e Igualdade.

equipotecnicoorientaciongranada.wordpress.


No hay comentarios:

Publicar un comentario