martes, 1 de noviembre de 2016

Vídeo hEDUbullyig: Zona libre de Acoso.

Expoñen o tema Patricia Ojea socióloga, experta en políticas de igualdade, de acoso e delitos de odio e discriminación. Alicia diaz terapéuta, forma parte do equipo de prevención de delitos de adiccións.
coordinación Jesús Hernández e José Blas García.





Este vídeo nos clarifica o término acoso e da pautas para actuación nos centros educativos.
Recollo algunhas dos importantes comentarios que se dixeron:
Definición de acoso " violencia reiterada, prolongada no tempo". Eu matón che elixo a ti miña víctima  créase unha relación de poder, de submisión, de medo ( síndrome de indefensión aprendida) non se vai a defender"
faíse diante do grupo para que os demáis saiban o que son capaz de facer. Os observadores participan con su silencio y de su silencio.
Perfil do acosador:
rapaces con baixa empatía, egocéntricos, non educados en valores de boa convivencia , lexitíman a violencia como posible recurso, teñen a autoestima en dimensión comparativa " son máis que ti" e "teño máis dereitos que ti"" Eu opino e ti non opinas", son chavales incapaces de asumir as súas
responsabilidades e por suposto no queren participar na reparación do dano causado.
A mediación está desaconsellada nos casos de acoso escolar non é un diálogo entre iguais, hai unha relación de poder.
propostas de mellora: 
Traballo colaborativo de centro, familia y alumnado.
Ter protocolos de actuación nos centros.
Potenciar a educación emocional desde o Plan de Acción Titorial.
Traballo das emocións negativas: agresividade, tolerancia á frustración, ira, enfado, saber expresar estas emocións aos demais.
Escoitar ao acosado, o acosado necesita falar do que sinte.
Traballar coa familia do acosado. Traballar coa familia do acosador ao principio poden non querer aceptar o que está pasando. Traballar co entorno cos observadores, complices dos feitos responsabilizalos da súa parte dos feitos, plantexar como se pode facer a partir de agora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario