jueves, 27 de octubre de 2016

Falan sobre altas capacidades os autores dos test de intelixencia

Artigo de Steven Pfeiffer sobre o informe dunha investigación entre os autores dos test de intelixencia máis usados na avaliación das altas capacidades. este artigo esta recollido no blog aacclarebeliondeltalento.com que fai un exahustivo análise do informe no que falan da importancia de revisar os modelos de identificación, avaliación e seguimento das altas capacidades.
Recollo estos puntos importantes para a reflexión educativa.

Os resultados desta investigación indican que os autores manteñen diversas opinións e puntos de vista sobre as altas capacidades, aínda que a maioría deles falan dun enfoque multidimensional para a avaliación da alta capacidade.
Un 85% dos autores estiveron dacordo en que non debía utilizarse un punto de corte (C.I. 130)como único indicador da alta capacidade. A maioría dos autores afirmou que calquer punto de corte fixo é engañoso, é un índice artificial, da verdadeira capacidade. 
Un crecente número de autoridades no campo das altas capacidades defenden a importancia dos factores conativos e factores contextuales; por exemplo motivación, persistencia, compromiso coa tarefa que afectan as altas capacidades e o desenvolvemento do talento.

                                imagen visual hunt


Unha avaliación multi-dimensional é esencial ( Pfeiffer, 2015; Sternberg in press)

Avaliación multi-dimensionais : O proceso de avaliación das altas capacidades implica a medición de diversos elementos, incluíndo a capacidade intelectual, o rendemento, o proceso cognitivo, o pensamento creativo, o comportamento e outras escalas de observación ( National Association of Gifted Children 2015; Pfeiffer, 2015).
Con respecto a re-avaliación das altas capacidades: A maioría destes autores sinalan que son importantes e necesarias. A frecuencia da re-evaluación cando estea recomendada, exténdese nun rango desde anual, de 2-3 anos ou cada 3-4 anos. Un dos autores comentou que a capacidade é un fenómeno en desenvolvemento e a re-avaliación debe ser máis frecuente cando o neno, nena é máis pequeno. Outro autor sinalou a importancia de asociar está evaluación á intervención, a re-avaliación apórtanos pautas para a intervención. Proporciona unha oportunidade de monitorear o progreso do alumno, determinar en que medida o estudante estase a beneficiar do programa de desenvolvemento do talento.
O perfil de fortalezas e debilidades reveladas nunha avaliación son o patrón para a intervención e acción educativa.( Silverman 2013)

Un número cada vez maior de autoridades neste campo sostén que as altas capacidades son un constructo multidimensional e debe reflectir a transformación dinámica de desenvolvemento dos dones co tempo. Os evaluadores entón, deberán medir constructos que non adoitan atoparse en moitas das probas máis utilizadas na actualidade.
Hai un crecente interese en medir de forma fiable e eficiente o pensamento creativo, a intelixencia emocional, a paixón pola aprendizaxe, o compromiso de traballo, a capacidade de liderado, a mentalidade e potencial para aprender.(Pfeiffer, 2015; Siegle y Langley, 2015)


enlace ao artigo completo aacclarebeliondeltalento.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario