martes, 13 de septiembre de 2016

Plan de actuacións para a Igualdade nos centros educativos de Galicia

O plan dirixise a toda a comunidade educativa non universitaria, pretende involucrar a profesores, persoal de administración e servizos, pais, nais,e demais persoas que son responsables do principal colectivo destinatario da coeducación o alumnado.
Que o xénero non sexa motivo de discriminación, require que sexa tratado desde o ámbito educativo para que se difunda, desde  os primeiros anos de escolarización co obxectivo que a violencia de xénero poida desaparecer da nosa sociedade.
Outra finalidade deste Plan é a integración e normalización da diversidade afectiva e sexual, xa que ningunha persoa debe sufrir ningún tipo de discriminación no ámbito educativo polas súas opcións. Débese potenciar unha educación tolerante e integradora que non impoña un modelo uniforme de sexualidade como predominante.
Na aplicación deste plan resulta de especial importancia a colaboración e apoio dos departamentos de orientación dos centros educativos xunto co resto do profesorado, como recurso necesario para a inclusión e par a mellora da intervención educativa en termos de igualdade.



 










Eixes do plan:
1. Afondar no modelo de coeducación e introducir a perspectiva de xénero nas dinámicas educativas.
2. Fomentar dinámicas educativas libres de estereotipos de xénero, favorecendo que o alumnado poida desenvolver o seu proxecto vital sen condicionamentos, desde a liberdade e diversidade de opcións.
3. Integrar a perspectiva de xénero no traballo cara o éxito escolar e garantir que a formación inicial e ao longo da vida acolle a todo o alumnado na súa diversidade
(étnica, cultural, social, económica, funcional, sexual , de xénero, lingüística ...).
4. Educar desde a diversidade para unhas relacións afectivas e sexuais saudables e respectuosas, e para unha convivencia harmónica que integre a diversidade de xénero, sexual e afectiva.
5.Traballar as relacións de uso abusivo do poder e a violencia sistémica no exercicio das relacións persoais, co fin de visibilizar os mecanismos que sustentan a violencia de xénenro e favorecer relacións pacíficas e positivas para todos os membros da comunidade .
6. Abordar a detección precoz e resposta eficaz e sistémica a violencia de xénero e outras formas de abuso, discriminación e violencia asociadas, con especial atención a prevención e compensación de situacións de discriminación múltiple ( diversidade funcional, étnicas, de procedencia, etc.)

enlace : www.edu.xunta.gal/portal