miércoles, 7 de septiembre de 2016

Ideas, experiencias de César Bona

Xa vai facer un ano desta entrevista, pero segue sendo de actualidade as propostas que sinala César Bona.
Recollona aquí para refrescar, no inicio de curso valores, ideas, obxectivos que rodean e conforman o mundo educativo.
César Bona sinala que nas súas clase dase a empatía. " a primeira causa do fracaso escolar e que non facemos da escola un lugar a onde os nenos queiran ir". 
Cre que os nenos, nenas non son só os adultos do mañá, senón os habitantes do presente. 
" Temos que ensinarlles a ser mellores que os seus compañeiros, senón a ser mellores que o que eran antes"
"Os curriculos son esaxeradamente largos", "E se nalgún momento hai que esquecerse destes datos e falar días e días cos nenos de cousas máis importantes que a Idade Media, debemos facelo. Debemos falar sobre a interacción entre eles, sobre a cooperación, sobre o respecto." 

Resultado de imaxes para César Bona maestro

Afirma: "Lonxe de facer un mundo competitivo, que é o que fixo a escola moitas veces, debemos construír un mundo cooperativo".

"Empeñámonos tanto en ensinar aos nenos que nos esquecemos de convidalos a aprender. Eu vexo máis importante abrir unha porta á curiosidade dos nenos, nenas que darlles toda a información, porque se eles ven como funciona, van a estar sempre entrando e saíndo por esa porta."

Con respecto aos país "o diálogo é imprescindible"" algúns pais cústalle entender que os nenos, nenas teñen que aprender cousas que non están nos libros, pero pouco a pouco van comprendendo a situación" " O que está claro é que cando a un neno convídaslle a superarse, ou cando confías nel, os resultados son marabillosos. Pero para que ti confies nun neno e escoiteslle, necesitas tempo".


accede á entrevista completa neste enlace: http://m.publico.es/sociedad

No hay comentarios:

Publicar un comentario