miércoles, 15 de junio de 2016

Acompañar ao alumnos e as familias desde o centro escolar

Na entrevista que recolle Tiching, a Xavier Gimeno doutor en Pedagoxía e profesor titular de pedagoxía aplicada na universidade UAB.
Este fai unhas afirmacións moi interesantes cara a planificar e diseñar as relacións coas familias dende a escola, estas son algunhas :
- O entorno familiar participa de forma activa ou pasiva na crianza. Todo inflúe na estrutura neuronal, cultural, social e educativa do alumno. Hai que acompañar as familias sobre todo nos primeiros anos. 
- As veces temos a tendencia a pensar que o respecto na crianza é permitir ao neno, nena que faga o que queira, cando queira e onde queira. Desta forma estamos atendendo ás súas demandas, non atendendo as súas necesidades.
- A min gústame falar máis que de crianza respetuosa, de crianza responsiva, esta é diferente de estar subxugado ao que o neno quere en dada momento. 
- Winnicott di que unha nai boa atende as demandas do seu fillo, filla, e que unha nai suficientemente boa atende ás súas necesidades. Estudos posteriores de seguimento destes procesos revelan que fillos, fillas de nais boas adoitar ter dificultades de socialización, de xestión da frustración e moi a miúdo convértense en pequenos tiranos. Por contra os fillos, fillas de nais suficientemente boas son persoas sociables, felices e contextualizadas.
- Cando detectas que as familias non están cómodas dentro do centro educativo é que algo non funciona. Pais e nais deben comprender que fan os seus fillos, fillas na escola e atopar o sentido de todo aquilo que fan tanto os adultos como os alumnos.

Resultado de imaxes para blog tighing 

Para facilitar a comunicación e o entendemento, entre familia e escola Sara Arranz dá, entre outras, estas ideas:
Explicar as expectativas para o curso escolar. Aclarar a metodoloxía que se emprega e o curriculo que se vai a ensinar, aprender neste cuso. Envíar fotos o vídeos para que a familia estea informada do que ese está a facer. Ter uns minutos para chamar a familia. Invitar as familias a participar en talleres, entrevistas, exposicións. Compartir con eles momentos positivos, atopar un momento para unha sonrisa.  


enlace a entrevistas completas:blog.tiching.com,  ideas-para una-relacion-de-calidad-con-las-familias/