miércoles, 11 de mayo de 2016

Repetir curso é aconsellable?

Estamos na recta final de curso e por iso recollo esta entrada reflexións sobre o tema complejo e controvertido da repetición 
Alberto del Mazo orientador:
A non promoción non pode converter nun castigo para o alumnado que non se esforza ou polo seu mal comportamento.
A decisión de non promoción debe estar suficientemente motivada, consensuada para que as familias e alumnos, alumnas entendan que é a mellor opción posible.
Non todo pasa por repetir como solución máxica. De feito, moitos alumnos, alumnas terminan facendo "iso mesmo" cando repiten: volven ver os mesmos contidos educativos sen avanzar porque non se ten en conta o seu punto de partida.
os contidos, por moitas veces que se repitan, poden seguir sendo inaccesibles sen apoio edecuado.
O importante é establecer un plan de apoio e traballo personalizado adaptado ás necesidades de cada alumno e valorar en profundidade si é máis factible levalo a cabo repetindo ou sen repetir.

Juan Antonio Planas, presidente da Asociación Aragonesa de psicopedagoxía sinala: 
A repetición é "recomendable" nos casos que os alumnos, alumnas presentan un menor nivel de madurez que o resto de estudantes.
"Si a repetición é volver repetir os mesmos contidos, nas mesmas asignaturas e coa mesma metodoloxía, isto non sempre é efectivo".
No que todo o mundo parece coincidir é na necesidade de ser flexible e evitar desmotivar ao estudante.

Desde a revista digital de la Universidad de Padres Pedro Molino pedagogo, sinala 
que os mestres a favor comentan: repetir pode ser unha axuda para que os alumnos sefagan máis responsables dos seus propios estudos, pode axudarlle a alcanzar maior madurez e mellores destrezas para evitar o fracaso.
os mestres en contra sinalan: adquiren un concepto de si mesmos máis baixo e menos favorable cara á escola; separánse dos seus amigos e do seu grupo natural de idade, os profesores proxectan no alumno repetidor as súas baixas expectativas condicionando os resultados finais; e, aínda no caso que os repetidores melloren os resultados o curso que repiten, estes adoitan baixar dous anos despois.
É mellor un Plan de Apoio personalizado que se desenvolva dentro do curso correpondiente a idade do alumno, sen necesidade de que repita"
Esta forma de actuar é a que centra a aprendizaxe no alumno, alumna previndo as dificultades reforzando a actuacións didácticas do profesorado con medios e medidas desde os primeiros cursos para evitar a repetición. Este é o valor engadido dos sistemas educativos centrados no alumno como o de Finlandia.
Está claro que repetir por repetir non é a solución, debemos reforzar o traballo de colaboración coa familia para elevar as expectativas con respecto aos seus fillos, esto vai favorecer os seus resultados escolares.



enlaces as entradas dos autores
orientapas.blogspot.

www.revista.universidaddepadres

www.periodicodelestudiante