jueves, 21 de abril de 2016

Protocolo de Protección de Datos

Publicación na páxina da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do documento en pdf , Protocolo de protección de datos.
Nas xornadas de formación de xefes e xefas de departamento aclararon dúbidas deste documento.
Recollo algunhas das aclaracións que fixeron:
- Importancia de trasladar a información de forma segura: correos corporativos que están cifrados.
- Non podemos preguntar aos menores  situacións relativas persoais da súa familia.
- Cada membro da comunidade debe coñecer o que ten que coñecer.
- Un alumno, alumna maior de 14 anos pode expresar a súa idea (ex: co tratamento da súas imaxes) pero se os pai e nai non están de acordo con esa idea, os mestres do centro educativo teñen que facer prevalecer a decisión do pai e nai.
- Os pais separados que teñan a patria potestad aínda que non teña a custodia si teñen dereito a acceder a información do seu fillo, filla.
- Os pais non poden negar información teñen unha obriga legal.
- A famillia si pode acceder ao expediente académico, ao expediente de orientación e ao expediente dun proceso sancionador.
- A familia ten dereito ao acceso aos exames.


Resultado de imaxes para protocolo protección de datos

Índice
1. Presentación
2. Normativa aplicable
3. Datos persoais
3.1 Datos de carácter persoal no ámbito educativo
3.2 Principios da protección de datos
3.3 Dereitos en relación coa protección de datos
4. Xestión dos datos persoais nos centros dependentes da Consellería con competencias en materia de educación
4.1 Cesión de datos
4.2 Consideracións particulares sobre o tratamento de imaxes
4.3 Consideracións particulares sobre os proxenitores non unidos legalmente por vínculo matrimonial ou análogo.
4.4 Xestión dos datos informatizados nos sistemas da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
4.5 Datos do persoal docente e non docente dos centros
4.6 Deber de sixilo e confidencialidade
4.7 Consideracións con respecto as ANPAS
5. Xestión dos datos persoais nos centros concertados
6. procedementos de tratamento de datos
7. Anexo : Modelos de documentación

enlace ao documento en pdf

Resultado de imaxes para protocolo protección de datos