martes, 19 de abril de 2016

Manual para irmás, irmans de nenos, nenas con discapacidade

Que le pasa a tu hermano? libro que recolle as experiencias dos irmás e irmáns de nenos, nenas con discapacidade psíquica.
É certo que non todas as relacións entre irmáns son iguais pero, todas elas son unha fonte de aprendizaxe con eles aprendemos : a xogar, a colaborar, a pelexar, ceder, desenvolver a tolerancia e a paciencia, a coñecer o que son os celos, a saber negociar.
E cando os irmáns e as irmás de persoas con discapacidade botan a vista atrás, comparten esta visión positiva.
Pero tamén comentan algunhas cuestións nas que necesitaron axuda na súa infancia: moitos botaron en falta información sobre discapacidade adaptada á súa idade e a súa realidade para entender a situación.
Tamén falan de sentimentos contradictorios cara ao seu irmán, irmá ( celos, orgullo, vergoña) que co tempo foron transformándose, pero que cando eran nenos, nenas afectábanlles moito, custáballes entender as súas propias emocións e sentíanse mal.
Este libro é unha boa ferramenta para dar resposta a esas demandas que irmáns, irmás de nenos, nenas con discapacidade expresan.
Resultado de imaxes para libro: que le pasa a mi hermano?

Índice 
1 Introdución
2. Ola irmán ou irmá
3. A discapacidade
4. Que podes sentir : tristeza, felicidade, orgullo, celos, vergoña, soidade, enfado, preocupación, angustia.
5. Pais, nais algunhas ideas

autores: Ángels ponce e Miguel gallardo. Fundación MRW. 


enlace para a súa descarga :www.mamapsicologainfantil

No hay comentarios:

Publicar un comentario