lunes, 4 de abril de 2016

2 abril día internacional do Autismo



 Desde Fundación Orange co obxectivo de sensibilizar a sociedade nos temas de autismo. Cada luns durante dous anos compartiron viñetas creadas por ilustradores e inspiradas en anécdotas reais. Recolleron as viñetas nun libro ao que podes acceder neste enlace.

No noso centro utilizámolas para unha sesión con alumnos, alumnos de terceiro de educación primaria e tamén cos alumnos, alumnas de primeiro de primaria.
Iniciamos a sesión falamos de que "todos e todas somo diferentes", usamos a guía da diversidade e discapacidade e fixemos unha reflexión sobre que cousas que nos gustan a uns e a outros non, que non sempre coincidimos e que respectamos os gustos dos demais así como as súas razóns.
Logo con algunhas viñetas fixemos  unha reflexión de concienciación de que hai outras persoas, nenos, nenas que viven ao noso lado, están no centro, no patio e teñen a súa forma de entender o mundo. 



Falamos sobre eles, preguntaron dúbidas algúns xa tiveran conversas cos seus compañerios que non "acababan de comprender" ou precisaban falar "das súas reaccións en determinados xogos no patio".
Descubrimos nenos e nenas con gañas de entender, comprender e acompañar a os seus compañeiros, compañeiras.





No hay comentarios:

Publicar un comentario