martes, 9 de febrero de 2016

Implicacións da clase ao revés ( Flipped Classroom)

os seus iniciadores Bergmann e Sams afirman que a clase invertida ( Flipped classroom) é unha estratexia que ten que adaptarse as condicións de cada aula cun enfoque diferente no proceso da aprendizaxe.
implica  moitas cousas ademais de emplear a tecnoloxía nas aulas. Esta estratexia consigue demostrar que se debe e se pode ensinar e aprender dunha maneira máis motivadora, personalizada e eficaz. En definitia, exporse a aprendizaxe e, por tanto, o ensino doutra maneira e cun enfoque que dea protagonismo ao alumnado, que o axude a ser crítico e, sobre todo, autónomo, para que estea preparado para as novas demandas para o futuro.

Implicacións da clase ao revés ( Flipped Classroom):
- permite empezar a cambiar os roles de alumnos, alumnas e docentes chegando aos poucos a eses novos roles necesarios para a educación do século XXI. Alumnos, alumnas  protagonistas da súa aprendizaxe e docentes que serven de guía de aprendizaxe.
- Fomenta a utilización de metodoloxías activas ao trasladar ao aula toda a actividade do alumno, alumna e ao necesitar encher a aula, antes repleta de explicacións do docente, de moitas estratexias de traballo. 
- Aproveita os beneficios do uso da tecnoloxía no aula e fóra dela ao poder utilizar os recursos que nos ofrecen as ferramentas e aplicacións e os dispositivos móviles, conseguindo achegar e compaxinar a aprendizaxe formal desenvolvido no aula e a aprendizaxe informal. De forma que o illamento no que se move a escola convencional queda reducido ao favorecer o m-learning.
- É unha estratexia complementaria con outras metodoloxías activas no aula como ABP, a gammificación ou a aprendizaxe cooperativa coas que se pode combinar de xeito fácil e natural.
- Facilita a atención á diversidade ao posibilitar a aprendizaxe a ritmos distintos e porque, tanto os compañeiros como o profesor poden dedicar máis tempo a atención do alumnado que presenten máis dificultades na súa aprendizaxe.
- axuda a desenvolver unha avaliación formadora e de proceso ao poder contar co apoio máis fecuente do docente no aula para poder resolver dúbidas e corrixir erros no proceso de aprendizaxe do alumnado.

 autor Manuel Jesús Fernández Naranjo accede ao artigo completo: www.educacontic.es/blog

enlace relacionado: http://www.theflippedclassroom.es/




No hay comentarios:

Publicar un comentario