domingo, 3 de enero de 2016

Habilidades Executivas centradas no Control Emocional e Motivación

Os nenos e nenas con TDAH non poden ter unha autoestima alta xa que desde que se levantan teñen que enfrontarse as súas respostas pouco meditadas o que lles fai non ser eficaces coa solución aportada.
A función executiva da habilidade para auto regular a motivación é tamén unha dificultade importante cando teñen que facer unha tarefa pouco apetecible aínda que sexa importante para as seus plans.
Coñecer cales son os temas que lle interesan, que vexa que son importantes e que poden beneficiarlle para as súas metas. Outro elemento da motivación é a súa percepción da súa competencia ante a tarefa que lle propoñemos : serei capaz de facela?, é primordial fomentala para que as súas expectativas sexan positivas.
O doctor Russell Barkley, experto en TDAH comparte que este trastorno é principalmente acerca da regulación emocional e o autocontrol. Non se trata só de falta de atención, impulsividad e hiperactividade. O proceso de inhibición é a base de fundamental de traballo para todos os nenos e nenas con TDAH.
O TDAH non é un trastorno da intelixencia. Dr. Barkley analiza cinco habilidades executivas centradas no control emocional que están afectadas polo TDAH. 




1. A pausa os nenos, xoves con TDAH a miúdo mostran incapacidade para crear unha pausa ou un momento de autocontrol entre estímulo e resposta con unas consecuencias pola súa reacción inmediata. Para axudar aos nenos, nenas na creación das pausa temos que darlle ao seu cerebro a oportunidade de facer asociacións coa cor, imaxes e obxectos concretos. Artigos tanxibles pueden ser recordatorios simbólicos para os estudantes de todas as idades.
Sacudir unha pulseira que temos posta, ou poñerse unha gorra son dúas prácticas que os profesores poden moldear nos alumnos, alumnas antes de tomar unha decisión emocional ou académica apresurada.
Ter na aula unha zona con palabras como: deterner, respiración, fluir, repouso. Imaxes que sirvan de apoio as palabras ou obxectos persoais deles a modo de recordatorio que os alumnos, alumnas poidan asociar e crear novas respuestas menos impulsivas.
Facer contacto visual frecuente para axudarlle a recuperar a atención na actividade.
2. OlloVisión retrospectiva, desenvolvemento de habilidades de autoavaliación. Os nenos, nenas necesitan entender como as experiencias e decisións impulsivas pasadas deron paso a efectos negativos. Os profesores poden diseñar que os alumnos, alumnas creen unha historia visual ou escrita acerca dunha experiencia vivida. Para unha Reflexión sobre os comportamentos e posibles alternativas, soluciones diferentes posibles.
3. Voz.  Diálogo interno, como regulador de la conduta é unha extratexia moi potente. As auto instrucións como estratexia para mejorar aprendizaxe e comportamento. Consiste en ensinar ao neno, nena a falarse a si mesmo en voz alta, a darse instrucións do que ten que facer e eloxiarse por facelo ben. Utiliza a linguaxe interna para regular e dirixir a súa conduta.
4. Corazón. Motivación. Esta habilidade é moi deficitaria nos nenos e nenas con dificultade de regulación emocional e autocontrol. É unha habilidade executiva que consiste en facer conexión entre as respuestas emocionais e a capacidade de automotivarse. Hai dúas maneiras: con retroalimentación do mestre, (non é unha avaliación nin unha loubanza) faise de maneira indirecta, facendo notar o apoio e comprensión.
A outra maneira e con documentais motivacionais. Estos xeneran preguntas, diálogos que van favorecen actitudes positivas.
Para aumentar a motivación dos alumnos, alumnas temos que facer unha educación personalizada: coñecer ao alumno, alumna cales son os intereses, gustos, habilidades tamén as súas dúbidas, frustracións para axudarlle a ser autónomos na súa aprendizaxe. 
5. Zona de xogos da mente. A outra función executiva abarca a resolución de problemas, a empatía, e a flexibilidade cognitiva. Para visualizar un problema desde unha perspectiva diferente temos que sentir empatía, ver as posibilidades e expoñelo como si fora un desafio que nos pode motivar a descubrir unha nova forma de aprender e relacionarnos cos demais. 
Esta ultima zona de xogos da mente inclúe a pausa, a voz, o ollo, e o corazón a combinación destas habilidades danos unha increíble oportunidade de ser parte do desenvolvemento do cerebro dos nosos estudantes. 


Enlace ao artigo http://www.edutopia.org/blog