martes, 5 de diciembre de 2023

Guia do Xogo e o Xoguete

Os produtos recomendados nesta Guía foron sometidos a exhaustivos estudos para demostrar a súa adecuación ao uso e o seu valor psicopedagóxico e lúdico.

Non podemos afirmar que os incluídos nesta Guía son os mellores produtos do mercado, pero si que todos os recomendados nela son produtos que superaron satisfactoriamente os estudos pertinentes.







Enlace para a súa descarga 


Recomendacións prácticas para as Familias

- Teña en conta a idade e o nivel de madurez do neno, nena e escolla os xoguetes adecuados as súas preferencias e necesidades.

- Regale xoguetes suficientes e variados que desenvolvan funcións diferentes e que sirvan para estimular a imaxinación e creatividade ou calquera aspecto da personalidade e sen facer distincións en canto a sexo.

- Non compre os xoguetes que os nenos, nenas solicitan sen comprobar a súa idoneidade. 

- Dialogue cos seus fillos ou cos seus alumnos, para axudarlles a ter unha visión crítica do que ven e observan.
 
- Eduque aos nenos para que se responsabilicen da orde e coidado dos seus xoguetes.
 
- Fomente o intercambio de xoguetes que os seus fillos xa non utilizan con outros nenos, nenas da súa contorna (familiares, veciños, amigos, compañeiros).

Non esqueza que o mellor xoguete que se pode regalar a un neno, nena é o tempo dos seus pais, nais.



No hay comentarios:

Publicar un comentario