martes, 26 de enero de 2016

Consellos para educar a Nenos, Nenas de Alta Demanda

Son nenos, nenas moi curiosos e activos, non queren perderse nada, demandan moita atención.
Cunha sensibilidade sensorial moi alta, pendentes de moitos estímulos o que fai que teñan unha gran intensidade emocional, polo que as súas necesidades se intensifican.
características:
- Nenos, nenas altamente activos e moi curiosos.
- Captan rápidamente os estímulos.
- Buscan constantemente estímulos novos que satisfagan a súa curiosidade.
- Requiren moita atención
- En moitas situacións poden mostrarse inseguros
- Son propensos a ter un gran número de rabietas, pois o seu humor é bastante difícil de manexar
- son nerviosos e inquedos
- Precisan moito contacto físico, así que demandan moito cariño.
niña alta demanda

consellos:
- É importante coñecer o temperamento do neno, nena e aprender a relacionarse con el de forma efectiva e afectuosa.
- Estes pequenos toman moi en serio o que lles din, así que tes que ser coidadoso coa palabras que uses, non utilizar mensaxes negativos, tampouco os  etiquetedes.
- Non se pode acceder a todos os seus caprichos, a curto prazo pode ser efectivo pero a longo prazo terá o efecto contrario.
- É preciso ensinarlle a canalizar e expresar as súas emocións, así que é recomendable que faledes moito con el e tamén ensinarlle técnicas de relaxación que poida empregar cando sinta a necesidade.
- Cando o carácter do neno, nena esgótenos é aconsellable pedir axuda a outros coidadores, outros familiares. Axudará a alixeirar as tensións e teá efectos positivos para todos.Non pasa nada por pedir axuda, non sempre podemos con todo, e é mellor unha axuda antes que perder os nervios.
- Sobre todo:calma, firmeza e moito cariño.


accede a entrada completa www.educapeques
enlace relacionado: www.crianzadealtademanda