sábado, 30 de enero de 2016

Carl Honore: a niñez un camiño cara á perfección


Carl Honore escritor e pretixioso orador que predica "o menos é máis" e critica o actual culto á velocidade. A el gustoulle ter máis flexibilidade de axenda durante a escolarización, xa que lembra que a miúdo no último minuto dunha materia xurdía un debate interesantísimo que se via interrompido pola rixidez do horario escolar.
Carl-Honore | Tiching

  En qué consiste o International slow Movement?
Trátase de privilexiar a calidade fronte a cantidade, de ir a velocidade axeitada en cada momento.

En que se traduce esta obsesión da velocidade a nivel educativo? 
a consecuencia deste cambio cultural a nivel educativo consiste en que a niñez converteuse nunha carreira cara á perfección.

- Moitas escolas pasaron a ser case unha liña de montaxe onde os nenos, nenas, están sometidos cada vez a máis presión académica. Os exames pasaron a ser máis importantes que a aprendizaxe en si mesma.

- Moitos estudos demostran que os deberes non teñen moito valor ata os once anos. Ante dos once anos aos nenos débeselles de dar tempo para xogar, para ser pícaros, para explorar o mundo ao seu propio ritmo e ata para aburrirse.

- As actividade extrescolares parecenme fantásticas pero non debemos caer na trampa de facer demasiadas actividades, isto significa ter que ir máis rápido e facer as cousas de xeito superficial.

- Estamos tan enfocados ao medible que non damos importancia a aspectos tan sinxelos como pode ser a relación cos demais.
- a nivel educativo é preciso máis flexibilidade.

accede a entrevista completa en :blog.tiching.