domingo, 29 de noviembre de 2015

Visibilidade da excelencia

Recollo aquí nesta entrada os diferentes argumentos que expón na seu artigo Javier Tourón, cando falamos de facer unha educación diferente para os máis capaces. Parécenme importantes para reflexionar nas estratexias e métodos de ensino.

1. Igualdade e Excelencia este argumento sinala que promover a excelencia é lesivo para a imaxe  (autoestima dos menos  capaces). Orientar a ensinanza ao alumnado medio, cuestión que nadie recoñece de modo explícito, supón declarar aos alumnos, alumnas màis capaces estudantes de 2° categoría.
Algúns argumentan que a persoa é máis que  intelecto, como si atendendo ao intelecto se perxudicara a outros aspectos da persoa. A pregunta en tal caso sería: Como se pode atender ao desenvolvemento da persoa na súa totalidade sen abordar a súa  educación intelectual?. É precisamente o principio de igualdad o que é preciso para atender las necesidades dos alumnos,  alumnas máis capaces.
2. Antiintelectualismo prodúcese na sociedade certo rechazo a actividade intelectual.  Existe un certo desprezo, pola promoción da actividade intelectual, fanse proxectos para o desenvolvemento doutras dimensións da educación pero non se pon o mesmo énfase na dimensión intelectual.


3. Gradación obrigada do Currículo
Un mesmo programa desenvolvido de modo espiral e a mesma velocidade para todos os alumnos da mesma idade, porque todos somos iguais, é un argumento que non resiste ningún análise crítico.
Aproveitando unha comparación da profesora Camila Persson Benbow, pretender unha educación igual e ao mesmo ritmo para todos os alumno, alumnas é como "pretender calzar a todos os nenos,  nenas da mesma idade con zapatos do mesmo número"
4.Test de Aptitudes e Rendemento 
Soen estar relacionaros coas altas capacidades, se consideran elitistas e aos que están a favor das medidas do potencial intelectual. Pero non están aí para protexer a unha élite, senón que poden abrir novas posibilidades aos alumnos máis capaces de desfavorecidos económicamente.
Os test foron deseñados con propósitos educativos, pese as críticas se os recoñece Como uns dos principais predictores do éxito académico.
5. Insistencia por ensinar a todos o mesmo 
Moitos educadores tenden a ensinar a todos os mesmo curriculum e ao mesmo nivel. Hoxe temos investigacións que apoian máis o agrupamento por capacidade e rendemento que por idade. Dan 2 razóns
- dá máis posibilidades de xogo entre as necesidades do estudante e a instrución que recibe.
- os estudantes que difiren en capacidade responden de maneira diferente a estratexias e métodos de ensino.
6.Programación Diferencial 
Entendendo  que é preciso proporcionar a todos os nenos, nenas unha oportunidade igual para aprender e desenvolver o seu potencial pleno. O verdadeiro significado da educación é ser sensible coas diferenzas individuais.


Autor: Javier Touron . Vicerrector de Inovación y Desarrollo educativo en la Universidad Internacional de la Rioja.
Compartido por INED21. Magazine digital educativo