lunes, 7 de septiembre de 2015

Competitividade entre irmáns

Na familia é no lugar onde temos que sentirnos queridos, valorados e seguros. Educar na competitividade entre irmáns non é positivo para o seu crecemento personal. Ensinar a colaborar permite formar personas felices e centradas nos seus logros, non nos dos demais.

Moitas veces fomentamos a cultura da competencia sen decatarnos, posto que este modelo de funcionamento está moi arraigado na sociedade de libre competencia.
Non quere dicir que a competencia sexa mala en se mesma, as veces axúdanos a sacar o mellor de nós, pero fomentala dentro da familia é un risco.

Riscos da competencia intrafamiliar
A competencia, crea rivalidade e desconfianza, que non deben darse entre os membros da familia.
O ser comparado permanentemente co irmán, irmá fai que dude das súas propias capacidades, especialmente cando o irmán por idades ou características persoais ten máis probabilidades de éxito.
O risco máis grande é que o neno, nena crece en función do que está a o seu lado. Esto non lle permite verse e aceptarse na súa realidade e nos seus procesos persoais.
Educando en colaboración, evítanse celos que dañan as relacións fraternais.
Educamos para unha sociedade que precisa máis persoas colaborativas e menos competitivas.

Para instaurar unha cultura de Colaboración é preciso fronte a competencia fomentar relacións de cooperación.
Promover que algunhas tarefas do fogar se fagan en conxunto.
Evitar etiquetas como "  este é o deportista" o outro é " máis frouxo".
Felicitar no progreso sen caer na esaxeración .
Ter especial atención nas metas en función da idade de cada neno, nena.
Promover o esforzo colectivo, con traballos en equipo onde se valorare os logros do esforzo conxunto.
Bucar outras estratexias para evitar comportamentos arraigados, como " a ver quen chega primeiro" " a ver quen marca máis".
Establecer no fogar unha cultue de colaboración é  tarefa de cada proxenitor.

enlace relacionado : ¿Haces competir a tus hijos?
Autoras: Ignacia y Javiera Larrain.

No hay comentarios:

Publicar un comentario