miércoles, 19 de agosto de 2015

Frases que non deberían escoitar os nenos, nenas, adolescentes dos seus educadores

As palabras impactan, condicionan e xeneran sentimentos como a ira. Moitas destas expresións non se sinten, son froito dun arranque emocional do momento. Trátase de tomar conciencia destas expresións.
Existen formas de comunicación alternativas que fomentan o diálogo, sinceridade e complicidade entre nenos, adolescentes e adultos.

Evitar frases como:
1. Un día destes collo a porta e quedades

Os nenos, nenas creenllo todo. Isto pode xerarlle medos, sentimentos de culpa, baixa autoestima.

2. Non podo convosco. 
Tiradesme do xenio. Non lle digas que perdiches forza e que eles gañaron porque é o que lles transmites cando falas así. Pon límites e senón as cumpren, as consecuencias a esa conduta.
                                              
 3. Se me quixeses...    
Pídelle aos teus fillos, fillas o queres que fagan, pero non empregues o amor para facer chantaxe.



4. Non podo confiar en ti.  
Se che mentiu, te fallou en algo, dílle en que e cómo te sentiches. Pero non xeneralices coma se nunca fora a ser capaz de dicirche a verdade.

5. Todo o fas mal
Non sabes facer nada do que che pido, está idea limita a creatividade, o esforzo e a confianza.

6. Deberías comportarte como ... 
Cada un é como é. Se queres que teu alumno, fillo, se comporte dunha maneira determinada dillo.

7. Ti  es parvo
O teu fillo pode cometer erros, non esforzarse, non cumprir as túas expectativas, pero se pensa que é tonto acostumarase a dar por vencido ante as dificultades.

Artigo de Patricia Ramírez  

No hay comentarios:

Publicar un comentario