sábado, 22 de agosto de 2015

Cultivando a Creatividade

As nosas Capacidades Creativas axúdannos a adaptarse nestes tempos tan cambiantes e complexos.
Os investigadores cren que a creatividade contribúe ao benestar e a felicidade. Tamén que hai unha conexión significativa entre creatividade, sentido e motivación intrínseca.
Moitas persoas pensan que a creatividade está relacionada cos dotados e talentosos. Os investigadores cren que a creatividade non involucra só a unha rexión do cerebro ou a un só lado do cerebro.
Pero a creatividade non se limita aos que teñen altas capacidades. Todo o mundo ten a capacidade creativa que evoca a orixinalidade.
Para fomentar a creatividade nas aulas os mestres teñen que saber de que maneira se orixina a creatividade. O máis importante é coñecer os procesos de pensamento e actitudes mentais asociados a creatividade.



Estas 6 maneiras de impulsar a creatividade céntranse nos procesos e actitudes son:
1. Experimentar co pensamento da posibilidade. Que pasa se ?
2. Proporcionar oportunidades para explorar os intereses individuais.
3. Desenvolver cinco actitudes asociadas á creatividade :
    - Autodisciplina
    - Aberto a experiencia
    - Toma riscos
    - Tolerancia á ambigüedade
    - Confianza no grupo
4. Involucrar aos alumnos na aprendizaxe colaborativa.
5. Practicar o pensamento diverxente.
6. Axudar aos alumnos a facer conexións. Pensamento metafórico.
A maioría dos investigadores están dacordo que se defina a creatividade por máis que a suma das súas  partes que inclúen pero non a limitan : Autonomía, Orixinalidade, Auto-expresión, Asunción de riscos, Orixinalidade, Intelixencia, Colaboración e Imaxinación.


http://www.edutopia.org