lunes, 15 de junio de 2015

TORPEZA MOTORA PAUTAS FAMILIAS

O Trastorno Específico do desenvolvemento psicomotor inclúe o Trastorno desenvolvemento da  Coordinación, a torpeza motora, dispraxia .
A súa característica é o retraso no desenvolvemento da coordinacción dos
movementos sen que exista un retraso intelectual ou un tratorno neuróloxico e non cumple os criterios de Trastorno xeralizado do desenvolvemento.
A  detección temperá é impotante para favorecer a súa evolución sobre todo cando ten dificultades comórbidas.
Os nenos, nenas que teñen esta Torpeza-motora para o desenvolvemento da vida diaria, actividades escolares e actividades deportivas adoitan ter problemas de relación e emocionais.
Síntomas
Na idade infantil
- Dificultade para o control esfínteres.
- Ensuaciase moito ao comer.
- Dificultades para montar en triciclo, xogar a pelota.
- Retraso na linguaxe.
Idade Escolar
- Tropeza con frecuencia coas cousas e persoas.
- Dificultades para saltar.
- Falta definición na lateralidade.
- Caenlle obxectos con frecuencia.
- Dificultades para falar coa velocidade e ton axeitados.
- Dificultades de relación cos outros nenos.
- Dificultades para abotoarse, cremalleiras, broches.
- Dificultades para xogos de coordinación ollo-man.
- Tarda tempo en escribir pola dificultade para collelo lapis e para facer o trazado das letras.
- Evita os deportes, as clases de Educación física.
- Cústalle seguir as instruccións.




Consellos para os pais e nais na casa
1- Intercambio de información coa escola.
2- Favorecer a actividade física.
3- Utilizar puzzles, para desenvolver a percepción visual, espacial.
4- Utilizar adaptadores para os lapis, ter distintos bolígrafos, para motivar ao neno,
 nena e favorecer a súa motricidade fina.
5- Empregar teclados para escribir.
6- Apps para favorecer a motricidade fina.
7- Axustar espectativas dos seus fillos, fillas entendendo que vai a desenvolver habilidades de autonomía, máis tarde que os compañeiros da súa idade.
8- Eloxie os seus esforzos.

Fonte:
Understood.org. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario