viernes, 10 de abril de 2015

O EFECTO PIGMALIÓN NA AULA

O efecto Pigmalión na aula, dende a perpectiva da teoría da profecía autorrealizada pode explicarse que os mestres, mestras formulan expectativas acerca do comportamento na clase dos alumnos, alumnas e van ser tratados de maneira distinta dacordo con ditas expectativas.
Profecía Autocumplida: Cando a un alumno, alumna, se etiqueta o comportamento está condicionado  por esa etiqueta ( movido, falador, despistado, traballador, creativo)
Pode ser utilizado como unha estratexia con efectos positivos no alumnado :1- Aumenta a motivación do alumno, alumna. ao ver as expectativas que ten o mestre, mestra.2- Mellora o rendemento ao facer maior esforzo para cumprir a esixencia.3- Prodúcese unha retroalimentación ao ter bo rendemento e aprobación do esforzo por parte do mestre, mestra.4- Mellora a autoconfianza, ao ver co mestre confía nel, nela.5- Favorece a Integración de todos, os que teñen dificultades de aprendizaxe, soen ser inseguros así reforzamos a súa valía persoal. 5- Desenvolve o sentimiento de responsabilidade.6- Permite unha definición de obxectivos clara, o alumno, alumna sabe o que se espera del, dela.7- Pode xenerar un apoio, valoración do esforzo por parte dos compañeiros, compañeiras.


Con respecto aos profesores dos alumnos que teñen expectativas positivas Espiridión Toro, fálanos de varios factores, dos que sinalo: 
1. Os profesores, profesoras crean un clima máis cálido tanto nos canles verbais, como na comunicación non verbal cos alumnos dos que esperan máis.2. Oportunidade de resposta, aos alumnos dos que se espera máis, dánselle máis oportunidades de responder.3. Feedback canto más se espera dun neno, nena máis se lle reforza.

Robert Pianta sinala pautas para evitar el efecto Pigmalión na aula:

1. Observar al alumno, alumna para coñecer mellor as súas capacidades.
2. Escoitar cales son os seus intereses, que lle motiva.
3. Participa fala co alumno, alumna acerca dos seus intereses.
4. Modifica as túas reaccións as distintas formas de comportarse do alumnado.
5. Dedica tempo aos estudiantes fora do teu rol de profesor, profesora, con actividades que non teñan claro fin académico.
6. Fai un reparto de traballo en grupo, proxectos de traballo e traballo individual para achegarse a eles cos seus intereses, proxectos que lle gustaría facer.
7. Empatía, recorda os teus mellores e peores profesores, profesoras. ¿como te sentías como alumno, alumna?.




Podemos engadir outras 3:

  1. Conversar e compartir intereses, experiencias con eles.
  2. Interpretar as súas emocións mostrando comprensión e apoio.
  3. Mostrar respecto e consideración.

Especialmente interesante para alumnos e alumnas con necesidades específicas de apoio, con problemas de integración, con serias dificultades de aprendizaje e tamén para reequilibrio de autoconceptos individuais ou grupais.

7 maneras de evitar el efecto Pigmalión
el profesor pigmalion entra en clase. Carlos Arroyo.Efecto Pigmalión en el cine. Crea y aprende con Laura